ponteareas

O PP denuncia o uso de servizos municipais nun acto do PSOE en Ponteareas

O PP denunciou hoxe o que cualifica de "utilización de recursos municipais para actos privados do partido socialista en Ponteareas" en concreto do acto celebrado o pasado domingo, 2 de decembro, na presentación da candidata socialista. Segundo os populares ponteareáns .

Os populares aseguran ter recibido "queixas dos colectivos culturais que en máis de unha vez solicitaron tan só poder utilizar a praza maior e pola contra non lles foi permitido". Afirma o PP que "varios colectivos" solicitaron ese espacio para diferentes actividades pero o Concello non lles permitiu o seu uso polo que se preguntan "porqué colectivos de Ponteareas non poden facer uso de ese espacio". 

O PP adiantou que rexistrará unha pregunta para que o alcalde de Ponteareas e o Grupo Socialista expliquen porqué se utilizou esta carpa para "un acto privado".