ponteareas

O Club Ciclista Ponteareas denuncia reiterados danos nos seus vehículos

O Club Ciclista Ponteareas vén de presentar denuncia no Cuartel da Guardia Civil polos continuos danos que veñen sufrindo os seus vehículos. Segundo denuncia o club ponteareán, dende o mes de marzo deste ano, xente descoñecida, que non persoas, lévanlle botado azucre nos depósitos, pinchado rodas en ocasións e desinchado as mesmas outras moitas veces.

Estes feitos, sempre rexeitables, impediron que en máis dunha ocasión non puideran sair a adestrar cos nenos e nenas do Coub e creando prexuízos económicos á Escola de Ciclismo de Ponteareas. O Club asegura non entender estas actitudes vandálicas xa que os vehículos atópanse estacionados a carón da súa sede social, "nun aparcadoiro público no que calquera persoa pode estacionar o seu vehículo".

O lamentable, sinala o Club, es que os nenos e nenas son os grandes prexudicados ao utilizarse os vehículos tanto para adestramentos coma para desprazamentos a algunhas competicións.