ponteareas

Ponteareas

EU Ponteareas insta ao Goberno local a avanzar na amortización das prazas de taxi

EU de Ponteareas, logo de ter apoiado no pasado Pleno as modificacións orzamentarias propostas polo Goberno local, entre elas a creación dunha partida para a amortización de prazas de taxi no Concello, lembra ao Goberno local que eses 50.000 euros aprobados para ese fin, "serán totalmente inútiles se non se avanza no xeito de empregalos". Ponteareas ten, nestes momentos, 13 prazas de máis, feito que produce que o colectivo de taxistas do municipio teña uns baixos ingresos polo seu traballo.

Preto de 400.000 euros da Xunta a Ponteareas para a formación de persoas desempregadas

A Xunta, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, vén de conceder ao Concello de Ponteareas unha achega de 398.371 euros dentro da súa programación de accións formativas dirixidas, prioritariamente, ás persoas traballadoras desempregadas, correspondente aos exercicios 2017 e 2018. Deste xeito, 125.691 euros corresponden á anualidade de 2017 e 272.680 euros a 2018.

Tres ouros, unha prata e dous bronces para o CB As Neves

Esta fin de semana o Complexo Deportivo 'Álvaro Pino' de Ponteareas acollía a disputa do Campionato Galego sub11 e Senior de Bádminton. O C.B. As Neves acudía con 9 sub11 (3 nenas e 6 nenos) dos que seis pasarían as rondas finais e tres acabarían obtendo medalla.

ACiP asegura que o gasto do Paseo Matutino "superou o establecido inicialmente"

Alternativa Ciudadana de Ponteareas vén de denunciar que a obra de humanización do Paseo Matutino, que segundo o seu portavoz, Juan Carlos González Carrera, "foi a única que levou adiante o actual Goberno" supón un claro exemplo "de malgasto económico". As obras, iniciadas en setembro de 2018 deberían ter, segundo González Carrera, unha duración dun mes e medio "cando a realidade foi que rematouse 'inicialmente' o 30 de decembro" sendo orixe de contratempos e molestias "para veciños e comerciantes".

Suscribirse a este canal RSS