Mondariz Balneario

Reunión informativa do BNG en Mondariz Balneario sobre a situación da pediatra

O BNG vén de convocar ás veciñas e veciños de Mondariz Balneario a unha reunión informativa sobre a situación na que se atopa a pediatría para as nenas e nenos da localidade. A xuntanza celebrarase este mércores 28 de novembro, ás 18:30 h na Sala da Cultura de Mondariz Balneario, na que tamén participarán portavoces da recen creada Plataforma en Defensa do Servizo de Pediatría "que o BNG apoia dende a súa recente creación", aseguran os nacionalistas.

Francisco García, exalcalde de Allariz, participa nun acto do BNG en Mondariz Balneario

Francisco García, exalcalde de Allariz, participará este sábado 29 de setembro, nun acto en Mondariz Balneario no que o exrexedor achegará a súa experiencia na transformación da localidade ourensá. Os nacionalistas de Mondariz Balneario, presentarán as súas propostas para ó desenvolvemento das potencialidades do municipio balneario baseándose na experiencia de Allariz.

Mondariz Balneario, o concello máis pequeno de España e que máis crece no verán

Mondariz Balneario, o concello máis pequeno de España cunha superficie de 2,4 Km cadrados e, porén, é o municipio que proporcionalmente máis crece na comunidade galega nos meses estivais. Ao repunte do 60% de habitantes, que pasan de 697 a 1.111 nos meses de xullo, agosto e setembro ocupando casas de verán e apartamentos, segundo os datos publicados polo IGE, Instituto Galego de Estatística, súmanselle os turistas que se aloxan e gozan dos servizos de Balneario de Mondariz.

Deputación, Mondariz Balneario e Amigos da Terra, acordan fomentar a compostaxe

“Mondariz Balneario ten moitas potencialidades e para nós é un sitio emblemático, un escaparate que nos permitirá estender a compostaxe entre o resto dos concellos”. Así de contundente o asegurou hoxe o vicepresidente César Mosquera na sinatura do convenio co Concello e coa asociación Amigos da Terra, onde subliñou que este municipio será dos primeiro do estado que tratará todos os seus biorresiduos –restos de comida e vexetais– mediante compostaxe (tanto en centros comunitarios ou en composteiros individuais) ao abeiro do Plan Revitaliza da Deputación.

Suscribirse a este canal RSS