Mondariz

O reinvestimento do superhábit permitirá realizar tres proxectos en Mondariz

O Concello de Mondariz vén de dar conta do reinvestimento dunha gran parte do remanente de tesourería —122.000 € dun total de 152.000 €— na execución de tres obras que redundarán en beneficio de toda a veciñanza. O alcalde de Mondariz, Xoán Carlos Montes Bugarín, sinalaba a importancia de realizar “unha boa xestión dos fondos públicos, de tal xeito que o diñeiro de todos os veciños e veciñas poida empregarse en obras beneficiosas para o conxunto da sociedade”.

Ensino e sanidade protagonizan dúas mobilizacións no Condado nesta fin de semana

A veciñanza de Ponteareas e Mondariz sairá á rúa para, no caso de Ponteareas, defender o mantemento da unitaria de San Mateo, mentres que Mondariz, o fará para reivindicar, unha vez máis, atención pediátrica para os seus nenos e nenas. Defenden os dous concellos, en todo caso, contar cuns servizos públicos dignos e que permitan o desenvolvemento dun rural que, polo que parece, cae no esquecemento por parte da administración autonómica.

Dúas últimas achegas por 27.000 euros pechan o Plan Concellos de Mondariz

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, mediante sendas resolucións presidenciais, dúas axudas ao concello de Mondariz por un valor de 27.079 euros para a adquisición dunha rozadora de brazo, unha rozadora de asento e outra rozadora profesional de man. Así, con estes investimentos Mondariz pecha o Plan Concellos deste ano, ao través do cal o goberno provincial destinoulle 877.689,41 euros, un 74,58% máis que en 2017.

Iniciadas as obras de remodelación dos campos de fútbol da Lagoa

Nestes días deron comezo as obras de remodelación dos campos de fútbol da Lagoa, obras acollidas á liña de subvencións da Deputación de Pontevedra para «Investimentos e dotacións singulares do reequilibrio Territorial dos Servizos a concellos con menos de 20.000 habitantes». Dese xeito, a administración provincial achegará o 80 % do orzamento total da obra ( 529.962.41 euros), mentres que o Concello o fará co 20 % restante, utilizando para tal fin fondos do Plan Concellos.

Mondariz, Mondariz Balneario e Covelo piden na rúa unha solución para o servizo pediátrico

Cando unha situación vólvese insostible, só unha resposta social, unánime e sen fisuras de ningún tipo, pode axudar a resolvela. Hoxe a veciñanza de Mondariz gritou un "basta xa" á desasistencia sanitaria en pediatría que teñen que sufrir as familias, non só do propio Mondariz, senón tamén as de Mondariz Balneario e Covelo. Veciñas e veciños, partidos políticos, asociacións sociais, culturais e veciñais concentráronse hoxe á mañá diante do Centro de Saúde para amosar que non permitirán que os seus fillas e fillos queden sen atención sanitaria.

Suscribirse a este canal RSS