As Neves

A inscrición do Campamento Familiar, abre unha ampla programación de Nadal nas Neves

O Concello das Neves vén abrir o prazo para o campamento ambiental  ‘O noso medio’, pensado para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral durante as vacacións de Nadal. O campamento será totalmente de balde e comezará as súas actividades o luns 24 de decembro para pechalas o venres 4 de xaneiro de 2019. Poderán participar no mesmo nenas e nenos de entre 4 e 12 anos de idade que poderán participar en diferentes actividades dende as 9 da mañá. As inscripcións poden facerse xa no enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

As Neves renova o alumeado público na rúa Eira da Liñaza

O Concello das Neves prosigue desenvolvendo o plan de de mellora no alumeado público e edificios públicos de cara a conseguir unha maior eficiencia enerxética e, ao mesmo tempo, un maior aforro económico ao mesmo tempo que se anova o servizo. Os traballos centráronse, nas últimas datas, na renovación do sistema de alumeado –incluídos os báculos das luminarias– en toda a rúa Eira da Liñaza, xunto cunhas novas no barrio do Monte.

As Neves continúa co seu programa de mellora da rede viaria

O Concello das Neves continúa coa reparación de camiños durante 2018, desenvolvéndose agora os traballos en Garavisco-Aldea, Carrasqueira e Chan. A inicios de ano os esforzos tiveron que centrarse en Santa Olaia de Batalláns sobre todo en Trasdoval e Pío. As enchentes derivadas dos lumes de 2017 afectarons a 4 puntos nos que os regatos cruzan nas estradas deixando 3 desdes puntos co tráfico pechado. Nese punto reparáronse as canalizacións, os muros e o asfaltado.

Actos do aniversario dos lumes nas Neves

O Concello das Neves conmemora o vindeiro luns, día 15, o 1º aniversario da vaga de lumes que o 15 de outubro de 2017 arrasou máis de 4.000 hectáreas, queimou preto de 30 casas e acabou con empresas do sector primario que daban emprego a ducias de veciñas e veciños.

O BNG aposta por Xose Manuel Rodríguez Méndez como candidato á reeleción nas Neves

A Asemblea Local do BNG nas Neves vén de decidir que Xosé Manuel Rodríguez Méndez se presente para ser reelixido Alcalde do Concello nevense. Nesta xuntanza, a militancia do Bloque Nacionalista Galego escolleu por unanimidade o candidato a alcaldía, á vez que preveu as posibilidades para os seguintes postos na futura candidatura ás eleccións municipais que se celebrarán en maio de 2019.

As neves poderá compostar todo o lixo orgánico da veciñanza a primeiros de 2019

O Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra vai permitir ao Concello de As Neves mudar o seu modelo de xestión de lixo e compostar todos os biorresiduos da súa veciñanza a primeiros de 2019. A distribución de 1.300 composteiros individuais e a instalación dos cinco centros de compostaxe comunitaria, permitirán que o Concello de As Neves sexa un dos primeiros da provincia ─xunto con Vilaboa, Mondariz, Mondariz Balneario, O Grove e Pontevedra─ e de todo o Estado que compostará todos os seus biorresiduos.

Suscribirse a este canal RSS