salceda 2017

Salceda de Caselas

As angulas chegan a Soutelo

A parroquia de Soutelo, en Salceda de Caselas, repite por terceiro ano consecutivo a Festa da Angula, unha iniciativa que partiu da Comisión de Festas de hai dous anos e á que a presente comisión das festas de San Liborio 2015 quere darlle continuidade. A cita gastronómica está marcada no calendario para este domingo, 12 de abril, a partires das 11 da mañá na área recreativa do Borralliño (Soutelo).

Salceda estrena Área de Autocaravanas

O Concello de Salceda de Caselas ven de poñer en marcha a nova área de autocaravanas recentemente construída nas inmediacións da Senda Fluvial do Río Landres “Francisco Estévez Martínez”. O acto de posta en funcionamento estivo coordinado pola Asociación Galega de Autocaravanas, que estivo representada por diferentes membros da mesma, e coa asistencia do seu presidente Paco Pena. No acto estiveron tamén presentes o Alcalde Marcos Besada e varios concelleiros/as da corporación.

Suscribirse a este canal RSS