salceda 2017

Salceda de Caselas

Os colexios de Salceda traballarán a igualdade e a mediación

O CEP Altamira acolleu a presentación dos proxectos de educación emocional en igualdade e mediación que se van levar a cabo tanto no CRA Raíña Aragonta como no propio CEP Altamira. No acto participaron representantes das ANPAS e dos equipos directivos dos dous centros, representantes de ACROFAM, entidade encargada de levar a cabo os proxectos, e a Concelleira de Educación e o Alcalde de Salceda, Tere Pérez e Marcos Besada.

A tradición oral de Salceda de Caselas, recollida nun libro-CD

A Praza do Concello de Salceda de Caselas acolleu, o pasado sábado, a presentación do libro-CD 'A tradición oral de Salceda de Caselas', de Xosé Ramón Paz Antón, e publicado pola Deputación de Pontevedra. No acto estiveron participaron o autor, o deputado de Cultura Xosé Leal; a concelleira de Cultura Tere Pérez e o alcalde Marcos Besada, ademáis de diferentes grupos de gaitas de Salceda de Caselas, que deron boa mostra da enorme riqueza coa que conta o municipio no que a música tradicional se refire.

Auga quente para as aulas do CRA 'Raíña Aragonta' de Salceda

O Concello de Salceda de Caselas, a través da Concellaría de Ensino que dirixe Tere Pérez, iniciou as obras de instalación de auga quente nas diferentes aulas do CRA Raíña Aragonta ubicadas nas diferentes parroquias. Trátase, sinala a concelleira, "de seguir dando pasiños nas aulas das parroquias segundo nos vaian permitindo os nosos recursos". O Concello dá resposta así á demanda plantexada tanto polos pais e nais como polo equipo de profesorado das diferentes aulas.

A Deputación edita dous volumes coa 'Tradición Oral en Salceda de Caselas'

Este sábado 26, ás 18 horas na Praza do Concello de Salceda da Caselas, a Deputación presenta os dous volumes que vén de editar cunha exhaustiva compilación da tradición oral deste concello. A presentación estará encabezada polo deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, e polo rexedor da localidade, Marcos Besada, así como por outros representantes municipais.

Verónica Tourón, optará a ser a candidata socialista á Alcaldía de Salceda

Verónica Tourón, actual portavoz municipal do Grupo socialista e secretaria xeral do PSdeG-PSOE de Salceda de Caselas, optará a ser a candidata do seu partido a alcaldía na vindeira cita electoral do mes de maio. A agrupación socialista local optou por facer un proceso "aberto e transparente" para a elección da persoa que encabece as listas nas próximas municipais, de tal xeito que as militantes ou militantes que así o desexen, poidan presentar a súa candidatura. En caso de non presentarse ningún ou ningunha, a elección de Verónica Tourón realizaríase de xeito directo.

O Goberno de Salceda "indignado" polo esquecemento do municipio nos Orzamentos da Xunta

O Goberno local de Salceda de Caselas expresou hoxe a súa indignación polo feito de que, os Orzamentos 2019 da Xunta de Galicia, “deixen fora proxectos importantes para o conxunto da cidadanía”. Ningunha das emendas presentadas polo grupo parlamentar de En Marea a petición de Movemento Salceda, foron tidas en conta para ser incluídas nas contas autonómicas para o vindeiro ano, o que deixará fora a realización de proxectos “de calado para o desenvolvemento do municipio e para a mellora da calidade de vida dos seus veciños e veciñas”, sinalou o alcalde, Marcos Besada.

Suscribirse a este canal RSS