salceda 2017

Salceda de Caselas

Auga quente para as aulas do CRA 'Raíña Aragonta' de Salceda

O Concello de Salceda de Caselas, a través da Concellaría de Ensino que dirixe Tere Pérez, iniciou as obras de instalación de auga quente nas diferentes aulas do CRA Raíña Aragonta ubicadas nas diferentes parroquias. Trátase, sinala a concelleira, "de seguir dando pasiños nas aulas das parroquias segundo nos vaian permitindo os nosos recursos". O Concello dá resposta así á demanda plantexada tanto polos pais e nais como polo equipo de profesorado das diferentes aulas.

A Deputación edita dous volumes coa 'Tradición Oral en Salceda de Caselas'

Este sábado 26, ás 18 horas na Praza do Concello de Salceda da Caselas, a Deputación presenta os dous volumes que vén de editar cunha exhaustiva compilación da tradición oral deste concello. A presentación estará encabezada polo deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, e polo rexedor da localidade, Marcos Besada, así como por outros representantes municipais.

Verónica Tourón, optará a ser a candidata socialista á Alcaldía de Salceda

Verónica Tourón, actual portavoz municipal do Grupo socialista e secretaria xeral do PSdeG-PSOE de Salceda de Caselas, optará a ser a candidata do seu partido a alcaldía na vindeira cita electoral do mes de maio. A agrupación socialista local optou por facer un proceso "aberto e transparente" para a elección da persoa que encabece as listas nas próximas municipais, de tal xeito que as militantes ou militantes que así o desexen, poidan presentar a súa candidatura. En caso de non presentarse ningún ou ningunha, a elección de Verónica Tourón realizaríase de xeito directo.

O Goberno de Salceda "indignado" polo esquecemento do municipio nos Orzamentos da Xunta

O Goberno local de Salceda de Caselas expresou hoxe a súa indignación polo feito de que, os Orzamentos 2019 da Xunta de Galicia, “deixen fora proxectos importantes para o conxunto da cidadanía”. Ningunha das emendas presentadas polo grupo parlamentar de En Marea a petición de Movemento Salceda, foron tidas en conta para ser incluídas nas contas autonómicas para o vindeiro ano, o que deixará fora a realización de proxectos “de calado para o desenvolvemento do municipio e para a mellora da calidade de vida dos seus veciños e veciñas”, sinalou o alcalde, Marcos Besada.

O PSOE de Salceda elixirá en xaneiro á persoa candidata ás municipais de 2019

A executiva local do PSdeG-PSOE de Salceda pechou, nos últimos días, a data na cal se elixirá a próxima candidata ou candidato á alcaldía, que representará a súa forza política nas próximas eleccións municipais de maio. Apostan dende a executiva por un proceso aberto, transparente e democrático, a través da asemblea que se celebrará o domingo 20 de xaneiro.

Carmela Silva en Salceda: "As mulleres estamos fartas de minutos de silencio"

O nome de Laura Luelmo, a moza asasinada en El Campillo, foi esta mañá protagonista en Salceda de Caselas na intervención da presidenta da Deputación, Carmela Silva, que fixo unha rotunda apelación contra as violencias sobre as mulleres e un berro de profunda carraxe contra o machismo, antes da acción artística de 'Mulleres en acción. Violencia Zero'. Silva confesou que “hoxe estou enfadada, indignada, cabreada, farta, ata as narices do machismo".

Suscribirse a este canal RSS