salceda 2017

Salceda mellorará o 'Camiño da Procesión' en San Xurxo

O Concello de Salceda solicitou, a través das axudas do Plan Marco 2019-2020 a mellora do 'Camiño da Procesión' de San Xurxo, que poderá así ser ancheado e asfaltado, xa que na actualidade non se atopa en moi boas condicións. Trátase dun vial de a penas 130,50 metros de lonxitude, ubicado nunha parte fundamental da parroquia de San Xurxo.

Ademáis, dentro do mesmo proxecto acometerase o asfaltado do tramo no paso inferior da PO-510, en Santa María, xa no límite coa parroquia de Cabreira, tramo que se atopa nunha situación deficiente actualmente. En total realizarase un investimento de 54.196,47 €, dos cales 45.584 € serán asumidos pola Axencia Rural de Desenvolvemento Local en dúas anualidades e a diferenza será aportada polo propio Concello de Salceda de Caselas.

O vello camiño coñecido como o 'Camiño da Procesión' de San Xurxo serve de acceso ao torreiro da parroquia, no que se ubican a capela, a Igrexa e o centro cultural de San Xurxo, ademáis de espazos como o parque infantil ou a pista de petanca. Ademáis, o camilo serve de enlace entre a Igrexa e o Cemiterio Parroquial, polo que estamos a falar dun vial moi empregado pola veciñanza de San Xurxo.