salceda 2017

Picoña reforestará os seus montes queimados con 600 árbores autóctonas

O vindeiro sábado 16 de marzo, entre as 10 e as 14 horas terá lugar unha xornada de reforestación nos montes comunais da parroquia de Picoña, a máis afectada pola vaga de lumes do 2017 no Concello de Salceda de Caselas. A reforestación levarase a cabo mediante voluntariado, que se pode anotar xa por correo electrónico en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., ou presencialmente na Casa da Cultura Castelao de Salceda de Caselas.

Na xornada prantaranse ata 600 árbores autóctonas, e será posible grazas ao traballo conxunto da Comunidade de Montes de Picoña e o Concello de Salceda, a través do programa de reforestación financiado por Afundación, a obra social de Abanca. Tamén a Deputación de Pontevedra participa no proxecto a través do Plan Revitaliza, xa que na prantación se empregará o compost recollido nos diferentes composteiros de Salceda.

Concello e Comunidade de Montes márcanse como obxectivo reunir a 100 persoas voluntarias para esta acción de grande importancia, e lembran que o punto de encontró para o sábado 16 será o Centro Cultural de Picoña.