salceda 2017

O Entroido de Salceda propón unha viaxe no tempo coa «Orquesta Sur»

O Entroido de Salceda, sempre espectacular O Entroido de Salceda, sempre espectacular

O Entroido de Salceda, con preto de século e medio as súas costas supón, non só unha festa popular de primeira magnitude á que se achegan, ano tras ano, miles de persoas chegadas dende todos os puntos do sur de Galicia, senón tamén un traballo continuo e constante de recuperación de tradicións no que se involucra, de xeito activo, a veciñanza orgullosa do seu pasado e da súa herdanza.

O domingo 3 de marzo, se o tempo non o impide –senón trasladaríase ao seguinte domingo– Salceda voltará a vista atrás para recuperar os sons da «Orquesta Sur» para sorpresa dos máis novos e nostalxia dos que xa lucen canas.

Tere Pérez, concelleira de Cultura de Salceda de Caselas, explica que a iniciativa xurdía por parte da Escola de Música Municipal na pasada Maratón Solidaria. Pédimos a colaboración da Escola –explica a concelleira– "e o seu director, que é unha persoa tremendamente imaxinativa e activa, asegurou que nos ía enviar algo que nos encantaría". E a verdade é que o fixo. Ante a sorpresa de todos, a Orquesa Sur, ou cando menos a súa 'nova' versión subía ao escenario e trasladaba aos máis maiores a outros tempos. Os tempos dos bailes do domingo no Salón La Estrella de Vendanova.

"A Orquesta Sur ten un especial significado para os veciños e veciñas de Salceda", di Tere Pérez. Entre os anos 1950 e 1970 era a orquestra que había en Salceda e que, "ademáis de participar en verbenas e eventos deste tipo, protagonizaba o baile dos domingos no Salón La Estrella". Toda a xeración dos nosos pais, afirma a concelleira de Cultura, "bailou máis dunha vez coa Orquesta Sur".

Agora, recupérase para ledicia de todos e para darlle un punto de atractivo máis ao Entroido de Salceda, se que iso é posible nunha festa, xa de por si, absolutamente única. A Cita o domingo 3 de marzo ás 22 horas, ha praza do Concello de Salceda.