salceda 2017

O C.B. Caselas Senior, campión de liga

Neste mundo do deporte, e sobre todo do baloncesto, hai partidos que crean afición ou, dito doutro xeito, "hai partidos e Partidos". O que este sábado protagonizaron os equipos senior do C.B. Caselas e Seis do Nacal, entra nesa última categoría de "... e Partidos". Non faltou de nada para o afeccionado: dous equipos que chegaban igualados á derradeira xornada da liga regular, que foron protagonistas dun partidazo e, para dar emoción ata o final, nada decisiuse ata o tempo engadido da prórroga. O dito... partidos e Partidos.

Houbo, ao longo do encontro, altibaixos dos dous equipos. Así os de Caselas comezaban con pouco acerto pero, a medida que 'quentaban motores' comezaban unha reacción que os levaría no segundo cuarto, cunha boa defensa e transicións rápidas, a chegar ao descanso cunha vantaxe de 8 puntos (31-23).

cb caselas campion liga senior 2019 02

Nada descubrimos se dicimos que o Seis de Nadal é un equipo técnicamente bo, con xente moi nova e que non baixa o brazos ante ningún reto, así que no segundo período reaccionaban e, esa reacción chegaba unida a unha sequía anotadora do C.B. Caselas que tan só conseguiu facer seis puntos no terceiro cuarto e xa no último cuarto, os visitantes conseguían poñerse por diante logo de moito tempo: 41-42.

A partir de aí, emoción absolutamente desbocada tanto na cancha como na grada. Non había balón que se dera por perdido, as defensas funcionaban facendo que as canastras valeran o seu peso en ouro. Intercambio de ataques para rematar os 40 minutos regulamentados cun 48-48. Din os que alí estiveron que foi entón, na prórroga cando chegou o mellor. Os de Salceda estiveron de 'dez' cun gran Jano que soubo botarse o equipo ás costas.

cb caselas campion liga senior 2019 03

Os de Adrián Salgado o deron absolutamente todo e, a escasos segundos, o marcador mostraba un 59-57 pero cunha última posesión para o Seis de Nadal. Os de Coia o intentaron pero a extraordinaria defensa do C.B. Caselas fixo que o marcador non se movera. Foi, como sinalábamos un Partido, con maiúsculas, dos que fai afección.

C.B. Caselas. Cinco inicial: Jano (29), Robert del Amparo, Toni (2), Fredi, Nico (5). – Sergio (4), Xur (3), Jose, Darío (6), Jorge (2), Rober Álvarez e David Ledo (8).

Parciais: 10-14 / 21-9 / 11-16 / 11-9