salceda 2017

Salceda acolle o domingo a terceira xornada da Copa Promoción Bádminton «Xogade 2019»

Preto de 100 nenos e nenas de diferentes idades, comprendidas entre as categorías alevín e cadete, daranse cita esta fin de semana en Salceda na disputa da terceira xornada da Copa Promoción de Bádminton «Xogade». O CB Rosalía de Vigo, CB Tui, Asorei Cambados, CB Crecente, CB Rachaplumas, Compañía de María Cangas, Colegio Estudio, CB Salvaterra, CB Ponteareas, CB Mondariz e EDM Salceda (como anfitrión) competirán nesta cita que encherá o Pavillón polideportivo entre as 9:30 h e 14:30 h.

O evento está promovido polo Servizo de Deportes provincial da Xunta de Galicia, organizado polas EDM badminton Salceda e coa Colaboración do Concello de Salceda de Caselas, Federación Galega de Badminton, Deportes Carlos Miguel e Pixeralia.

Na presentación estivo presente o Xefe do Servizo Provincial de Deportes Daniel Benavides, quen incidiu sobre a importancia do Deporte base e o programa Xogade que permite disputar encontros que favorezan a integración no mundo do deporte. Fixo un recoñecemento especial ao CEP Altamira quen participa dentro dos encontros escolares e que ademáis o fai con resultados moi exitosos nas diferentes xornadas realizadas.

O Presidente da Federación de Badminton Rodrigo Sanjurjo destacou que esta Copa é única a nivel estatal e galego, e permite participar a nenos e nenas sen ter un amplo percorrido no mundo do bádminton.

Victor Lemos adestrador das EDM badminton Salceda destacou a importancia do fomento do deporte e do traballo que se está a facer para incrementar o número de nenos e nenas que practican este deporte. A escola conta na actualidade con 50 nenas e nenos.

Marcos Besada Alcalde de salceda, agradeceu a elección de Salceda para acoller este evento, resaltando a importancia do deporte para o municipio e o investimento que se leva a facer nos últimos anos na mellora e creación de novas instalacións deportivas.