salceda 2017

Salceda de Caselas

O PP de Salceda denuncia o "caos circulatorio" polas obras da rúa Compostela

O PP de Salceda de Caselas vén de denunciar “as présas” do Goberno local en realizar as obras da rúa Compostela “sen pensar nos problemas que poida ocasionar os veciños”. As obras, segundo os populares, son motivo dun “caos circulatorio impresionante” ás portas do actual Centro de Saúde como consecuencia do corte parcial deste vial, de sentido único e unha das arterias principais do casco urbano. Precisamente, o PP asegurou ter solicitado o pasado venres a través do rexistro do Concello a “paralización” do inicio dos traballos ante a previsión de dificultades para acceder o ambulatorio.

O Entroido de Salceda volve aos anos 70 coa «Orquestra Sur»

A Casa da Cultura Castelao acolleu esta mañá a presentación da programación de Entroido, coa presenza de Tere Pérez e Marcos Besada –concelleira de Cultura e alcalde de Salceda, respectivamente– por parte do Concello, acompañados de Lucía González e Sergio Rodríguez polo barrio de Castro Barreiro e Martín Acuña e Abel Pérez polo barrio da Feira. Tere Perez foi a encargada de dar a coñecer a ampla programación prevista para estas festas, que se extenderá dende o 1 ata o 5 de marzo.

Os delegados sindicais do Concello de Salceda reúnense co Consello Galego de Relacións Laborais

O pasado dia 12, e por acordo unánime da última Asemblea Xeral de Traballadores do Concello de Salceda de Caselas, os delegados sindicais de CCOO, CIG e CSIF, acompañados por representantes de ditos sindicatos, desprazáronse a Santiago de Compostela para manter unha xuntanza coa presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais de Galicia, Verónica Martinez Barbero. 

Verónica Tourón quere "traballar ao lado da veciñanza" para rematar cos "remendos" de MS

Verónica Tourón deu hoxe o primeiro impulso á súa candidatura deixando claro que se presenta “para poñer a política ao servizo das persoas”, unha máxima sobre a que xirou a súa presentación ante á veciñanza de Salceda de Caselas. “O 26 de maio Salceda vai decidir o seu futuro”, asegurou a candidata socialista, que espera rematar “coa política de estancamento e remendos que está a facer” o actual goberno da vila escoitando e dialogando, “algo que nunca me dou medo”, afirmou entre os aplausos das preto de 300 veciñas e veciños que se congregaron no Auditorio Municipal.

Caballero acompañará a Verónica Tourón na súa presentación como candidata do PSOE de Salceda

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, participará no acto de presentación da candidata socialista á alcaldía de Salceda de Caselas, Verónica Tourón, acto que terá lugar este vindeiro domingo, 17 de febreiro ás 18 horas no Auditorio Municipal.

Verónica Tourón, que acadou o apoio unánime da Asemblea Local celebrada o mes de xaneiro para encabezar a candidatura socialista, estará acompañada tamén polo secretario provincial do PSOE, David Regadas e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.

Salceda abre a inscrición para o desfile de Carrozas e Comparsas de Entroido

O Concello de Salceda de Caselas, a través da Concellaría e Festas que dirixe Teresa Pérez, ven de abrir o prazo de inscrición para a participación no XXI Desfile de Carrozas e Comparsas que se celebrará no municipio o domingo 3 de marzo de 2019. Durante esta semana serán as agrupacións pertencentes a Salceda as que poidan formalizar a súa solicitude de participación no desfile, e na semana do 18 ao 24 será o turno para as agrupacións de outros municipios, que poderán ocupar as prazas restantes por orde de solicitude.

Suscribirse a este canal RSS