O BNG chama aos grupos políticos a reclamar máis investimentos para O Porriño
O BNG do Porriño presentará unha moción na vindeira sesión plenaria na que denuncia que "Pedro Sánchez afonda na discriminación de Galiza que iniciou o PP de Rajoy". O BNG cualifica os Orzamentos Xerais do Estado presentados polo Goberno de Pedro Sánchez "decepcionantes e discriminatorios con Galiza, especialmente para O Porriño", xa que, afirman os nacionalistas, "non existe ningunha partida para a eliminación do paso a nivel, unha obra de urxente necesidade".