Porriño 2017

O Porriño

Un detido no Porriño por venda de haxix e presunta violencia machista

Axentes da Policía Local do Porriño detiveron a S.P.R, de 19 anos de idade, acusado dun presunto delito de violencia machista e incumprimento da orde de afastamento da súa parella.  Curiosamente, nesa mesma actuación, os policías arrestaron tamén á muller, S.R.S, de 20 anos de idade quen, tentando evitar que a súa parella fose detida “agrediu a un dos axentes”. No mesmo lugar, atopáronse 10 doses de haxix preparadas para a súa venda ao por menor.

O PP do Porriño reúnese co grupo de autoxestores de Aceesca

O candidato do PP á Alcaldía do Porriño, M. Alejandro Lorenzo, acompañado pola que fora concelleira de Benestar Social, Teresa Veloso, mantivo onte un encontro co Grupo de Autoxestores de Aceesca. Tras escoitar activamente as súas propostas, e tomar nota das mesmas, Alejandro Lorenzo comprometeuse "a traballar sobre elas e elaborar unha proposta conxunta que contemple cada unha das súas demandas". 

O PP do Porriño denuncia a perda de subvencións para os polígonos industriais

O Partido Popular do Porriño asegurou hoxe que, nos últimos anos, o Goberno Municipal "perdeu subvencións por valor de máis de 1 millón de euros", todas elas das áreas de Vías e Obras e Emprego, o que, segundo os populares, supón "un severo perxuizo para os veciños e veciñas do municipio". As últimas achegas perdidas, aseguran, "afectan directamente aos parques empresariais do Porriño, onde se perderon máis de 165.000 euros concedidos pola Xunta de Galicia para melloras infraestruturas viarias".

O Porriño propón ampliar en 500.000 euros a partida do servizo de axuda domiciliaria

O Goberno local do Porriño levará ao Pleno da Corporación para a súa aprobación unha modificación orzamentaria cunha ampliación de 500.000 € no capítulo da Axuda Domiciliara Municipal que, coma salienta a alcaldesa, “pasaría de 300.000 € a 800.000 € este ano 2019”. Eva García de la Torre indica que este incremento estaría destinado a acabar coas listas de agarda, faría posible aumentar o número de horas de atención ás persoas que o precisan e afrontaría, tamén, a subida do Salario Mínimo Interprofesional (SMI) a 900 €, aprobada polo Goberno de España.

As xestións da alcaldesa do Porriño, ‘liberan’ unha vivenda do CEIP de Atios

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, acompañada da concelleira de Educación, Lourdes Moure, fixo entrega ao director do CEIP Plurilingüe de Atios das chaves da vivenda de 90 metros cadrados, que ocupa a planta alta do centro que, dende agora, pode ser utilizada polo mesmo. Logo de manter varias conversas coa persoa que vivía nela e coa familia desta, a alcaldesa conseguiu que a primeiros deste ano a vivenda quedase valeira, preto dun cuarto de século despois da súa ocupación.

Suscribirse a este canal RSS