Porriño 2017

O Porriño pon en marcha a terceira edición do programa de emprego 'Porriño Accede'

A Concellería de Emprego e Formación do Concello do Porriño, dirixida por Soledad Girón, vén de poñer en marcha, por terceiro ano consecutivo, o programa de emprego 'Porriño Accede', dirixido a veciñas e veciños do Porriño en situación de desemprego.

‘Porriño Accede’ ten como obxectivo mellorar as posibilidades de atopar un traballo das desempregadas e desempregados do Porriño e para iso dirixe accións formativas deseñadas polas empresas, que incorporan prácticas non laborais. Trátase de mellorar as competencias profesionais e contribuír á inserción das usuarias e usuarios no mercado laboral.

Para formar parte do programa ‘Porriño Accede’, abrirase un rexistro de persoas interesadas, que serán informadas e seleccionadas no momento previo á execución dos cursos. Deberase acudir ás oficinas do Multicentro Torneiros, cumprimentar un formulario de inscrición e aportar a tarxeta de demandante de emprego actualizada.