Porriño 2017

O PP do Porriño denuncia o "total abandono" do 'Centro Cultural e Social Alba'

O Partido Popular do Porriño vén de amosar a súa preocupación polo estado no que se atopa o Centro Cultura e Social Alba, que "debería ser un dos pulmóns culturais e sociais da parroquia de Torneiros". O PP porriñés comprobou o estado das instalaciós nunha visita realizada ao centro cultural acompañados polo presidente da AVV San Rosendo Alba, Juan Carlos Otero e outros membros da directiva da asociación.

"A primeira vista se ve que a humidade está deteriorando as paredes, os enchufes están estropeados, os extintores caducados fai tempo co risco que isto supón, as ventás que non pechan, os desagües atascados... a imaxe de deterioro que da o edificio xustifica sobradamente a indignación dos seus usuarios", explicou o portavoz popular, Alejandro Lorenzo.

centro cultural alba porrinho 02

O Centro Cultural, que non dispón de calefacción de ningún tipo nin auga quente, ten a meirande parte dos electrodomésticos dos que dispón a cafetería "estropeados e o mobiliario en malas condicións e totalmente obsoleto. O salón de actos non dispón tan sequera de sillas, moitas delas están rotas e non contan nin cun proxector".

centro cultural alba porrinho 04

A Alejandro Lorenzo preocupoulle tamén o estado da biblioteca, "que actualmente fai as veces de 'trasteiro' ao non dispor practicamente de libros nen ordenadores para uso dos usuarios", doutra anda,o centro "non dispón de conexión a internet pese a telo solicitado en innumerables ocasións".

centro cultural alba porrinho 10

Os mesmos problemas do interior asoman ao exterior "con falta de alumeado, peche do recinto roto, riego automático que non funciona e os elementos do parque infantil  deteriorados" amais "as pistas deportivas aledañas ao Centro Cultural non permiten a práctica deportiva debido ao pésimo estado no que se atopan".

Alejandro Lorenzo asegura que a situación en que se atopan estas instalacións "imposibilita totalmente o normal desenvolvemento da actividade da asociación" ao non dispoñer de espazos nos que levar a cabo as súas actividades ou actos culturais. O portavoz popular acusa ao Concello de "deixadez" unha actitude que, afirma, "que neste caso limita seriamente a capacidade de actuación desta asociación cultural".