Porriño 2017

O acendido do alumeado do Nadal, inicio dun amplo programa de actividades no Porriño

O Porriño ultima os últimos arranxos para o acendido do alumeado de Nadal que terá lugar este mércores, día 5 de decembro, ás 20:30 horas na Praza de Antonio Palacios, un acto que estará animado pola actuación de As Maimiñas. A alcaldesa, Eva García de la Torre, supervisou persoalmente a colocación das luces e da decoración que, subliñou, "terá un custo inferior ao do ano pasado".

García de la Torre sinalou que, ademáis, a decoración de Nadal“chegará a todas as parroquias” e, por primeira vez, "tamén á zona da oficina de Correos ao redor das rúas Enrique Peinador, O Pinar e Cruceiro". A alcaldesa do Porriño deu especial importancia ao “intenso” programa de actos e actividades de lecer, “especialmente para as pequenas e pequenos”, deseñado polo Concello este Nadal e que, lembrou, abranguen exposicións, festivais, música, teatro, obradoiros, os anunciados Campamentos para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, amais do da “xa tradicional e propia do Porriño, Festa Pre-Fin de Ano”, a Cabalgata de Reis, a visita de Papa Noel o novo Concurso de Rondallas e, por suposto, a Cabalgata de Reis.

A estas actividades engádense outras para todos os públicos coma o Festival de Panxoliñas (o día 15), o Festival de Nadal da Escola Municipal de Música (o día 20), o Concerto de Jazz (os día 21 e 22), a Gala Benéfica da Asociación Bastón ( o día 22 no Centro Cultural Municipal), o Flashmob e exhibición de baile Studio 57 (o domingo 23) ou o Concerto da Orquestra de Cámara Galega, o 6 de xaneiro.