Porriño 2017

O Porriño

A A.VV. San Benito do Porriño celebra este venres a súa Asemblea anual

A Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián do Porriño celebrará este venres 22 de Febreiro ás 20:15 hora no Centro Cívico de Porriño a súa asemblea anual, na que se dará conta da situación da Asociación e debateranse aspectos de interese sobre os barrios, así como o plan de acción para o ano 2019.

O Porriño creará un novo Grupo Municipal de Emerxencias

O Concello do Porriño vén de anunciar a creación dun novo Grupo Municipal de Emerxencias logo que a Alcaldía, sinala o Goberno local, recuperase as competencias en Protección Civil e Emerxencias, e "dectectásense deficiencias que xa se lle advertirán, hai dous anos, ao anterior concelleiro responsable destes servizos". Ditas carencias apareceron logo da baga de lunes e recomendáronse melloras en materia de persoal e material de cara a garantir a seguridade en caso de situacións de emerxencia "pero, durante estes anos non se acometeu acción algunha neste eido".

Asemblea da Plataforma Antilindano da Louriña

A Plataforma Antilindano da Louriña vén de convocar unha asemblea, o vindeiro venres, 22 de febreiro, ás 20:30 horas na Asociación de Veciños 'Alba' de Torneiros. Na asemblea darase a coñecer o informe á comisión europea, a reunión no Parlamento Galego e establecerase a liña das futuras accións a emprender de cara a unha solución definitiva deste problema. Amais, atenderanse as preguntas e suxestións dos e das presentes.

Rematadas as obras na Fase V de Torneiros no Porriño

As obras iniciadas hai unhas semanas na Fase V de Torneiros están rematadas. A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, visitou o lugar no que puido comprobar que o resultado das mesmas. Os traballos, segundo sinala o Concello porriñés, solucionaron “varios problemas graves de seguridade e salobridade” que estaban a sufrir os veciños dun dos edificios desta parroquia. A día de hoxe está impermeabilizada a terraza,os muros e rehabilitouse a entrada ao garaxe.

O Porriño instala un quentador de auga e calefacción na unitaria de Mosende

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, xunto coa concelleira de Educación, Lourdes Moure, vén de visitar a Escola Unitaria de Mosende onde o Concello colocou un quentador de auga e un sistema de calefacción. A escola, subliña a alcaldesa “carecía de calquera instalación para que as nenas e nenos estivesen quentes”. En menos dunha semana o Concello dispuxo os mesmos, investindo uns 6.000 €, e “agora os pequenos xa no pasan frío xa que mesmo tiñan que estar na clase cos abrigos e as cazadoras postas e non podían nin lavarse as mans porque a auga saía conxelada da billa”.

Eva García visita as obras das novas dotacións deportivas da Granxa

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, que dende hai menos dunha semana é tamén a máxima responsable da área de Deportes do Concello, visitou este mércores as obras da novas instalacións de atletismo da Granxa. As mesmas, que contarán cun orzamento de 1 millóns de euros, serán unha realidade grazas a unha achega de 800.000 € por parte da Deputación de Pontevedra que, coma todas as inversións do organismo provincial no Porriño, foron asinadas pola propia alcaldesa.

Suscribirse a este canal RSS