O Club Xadrez Mos organiza o seu Torneo de Nadal

O Club Xadrez Mos organiza o seu tradicional JTorneo de Nadal» que se celebrará os próximos días 29 e 30 de decembro no Centro Dotacional de Torroso. A inscrición está aberta aos xogadores e xogadoras que estean en posesión da correspondente licenza federativa en vigor para a tempada 2018. O prazo de inscrición rematará o mércores 26 de decembro e o cupo máximo de participantes o establece a organización en 100 xogadores e xogadoras.

O obxectivo deste torneo, sinala a directiva do Club Xadrez Mos e xa coa vista posta na tempada 2019, "é culminar un mes de sesións de adestramento e duro traballo no club, cunha proba de bo nivel para que os xogadores e xogadoras do noso club cheguen no estado de forma máis alto posible ao mes de xaneiro, xa que neste mes dan comezo competicións importantes como os Campionatos Provinciais ou a liga Galega por Equipos”.