Mos

Oposición das comunidades de augas ao macrocentro comercial da cidade deportiva do Celta

Os representantes das catro comunidades de usuarios de auga de Casal-Tameiga, Monte Baxiña, Sanguiñeda e Petelos-Tameiga, e a Comunidade de Montes Vecinaies en man común de Tameiga-Mos, veñen de esixir, nun comunicado de prensa, "a retirada da modificación puntual número un, do PXOM, que daría via libre a Mouriño e Nidia Arévalo, para expropiar o monte e a auga." A esixencia desta retirada da modificación do PXOM, foi tamén demandada por tódolos grupos da oposición no último preno municipal do pasado 28 de xaneiro.

Always Tenis de Mesa de Mos participará no torneo estatal de Valladolid

Samuel Pereiro Costas, propietario de Always T.M. de Sanguiñeda acompañará como Adestrador Nacional de Tenis de Mesa, ao xogador da categoría benjamín Brais Díaz do Club CRC Porriño, clasificado como 3º no Torneo Zonal da Estrada e 15º no Ránking español, para participar no Torneo Estatal que terá lugar do 15 ao 17 de Febreiro no Pavillón de Pisuerga (Valladolid) onde estarán os mellores xogadores benjamines de España, en competición individual por grupos segundo Ránking, e eliminatorias os mellores dos grupos.

COGAMI inicia un servizo de vivenda tutelada en Mos para persoas con discapacidade física

Cinco das corenta e dúas persoas usuarias do centro de recursos que a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade ten en Mos (COGAMI), acudiron este luns ao centro coa maleta feita. Durante dous meses e medio, Ramón, Antonio, Vanesa, Nara e Araceli van ser compañeiras de vivenda, porque serán elas as encargadas de estrear un novo proxecto piloto de vivenda tutelada e totalmente adaptada en Mos.

Mos, contra o cancro

Hoxe luns día 4 de febreiro, Día Mundial contra o Cancro, a directiva da Asociación Española contra o Cancro (AECC), Xunta Local de Mos, encabezada pola súa presidenta, Magdalena Domínguez Castro, organizou ao longo unha exposición na entrada do Centro de Saúde do Rebullón, no concello de Mos. Durante a xornada matinal repartiron tamén, entre os veciños e veciñas que asistiron a consulta ao seu médico de familia, información sobre o funcionamento da Asociación.

Mos mellora os accesos a San Eleuterio, na parroquia de Tameiga

O Concello de Mos está a desenvolver traballos de mellora da accesibilidade e seguridade viaria na contorna da urbanización de San Eleuterio, na parroquia de Tameiga, mediante a creación dun novo itinerario peonil seguro que dá continuidade ao existente na Estrada Tameiga-Pereiras, ao oeste, e chega á Ermida de San Eleuterio, onde se continúa polo Camiño da Levantada, ata a vía de servizo da Autovía A-55, ao norte.

Suscribirse a este canal RSS