Salceda 'ficha' a Laura Seara para elaborar o seu II Plan de Igualdade

O Concello de Salceda de Caselas ven de iniciar a elaboración do 'II Plan Municipal para a Igualdade Efectiva de Mulleres e Homes 2018-2021' cuxa redacción correrá a cargo de Laura Seara, quen foi directora do Instituto da Muller e Secretaria de Estado de Igualdade, ademáis de deputada do Parlamento Galego durante os anos de 2001 a 2009, polo que se parte con un amplo coñecemento sobre a materia que sen dúbida é garante dos mellores resultados.

O persoal sanitario do Porriño transmite ao BNG a "precariedade" na que traballa

O pasado 29 de novembro, membros do BNG reuníronse cunha representación dos traballadores do PAC do Porriño. No encontro o persoal sanitario transmitiulle aos nacionalistas a "grave situación" que atravesa o Centro de Saúde con importantes carencias "tanto de efectivos humanos como técnicos e materiais", unhas deficiencias, sinala o BNG porriñés, que afectan negativamente á asistencia médica, nunha zona cunha poboación crecente.

O abastecemento do Porriño chega xa a máis de 300 usuarios do Contrasto

Dende este martes, día 11 de decembro, máis de 300 veciñas e veciños do barrio do Contrasto, na parroquia de Torneiros, teñen xa acometida á Rede Municipal de Abastecento do Porriño, tal e como anunciara a alcaldesa, Eva García de la Torre, logo de que se atopasen refugallos de lindano nesta zona, o cal obrigara a pechar numerosos pozos. 

O Porriño pecha o Plan Concellos cunha nova achega de máis de 18.000 euros

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, mediante resolución presidencial, unha axuda ao concello de O Porriño por un valor de 18.129,02 euros para financiar o mobiliario da biblioteca municipal da vila. Así, con este investimento O Porriño pecha o Plan Concellos deste ano, ao través do cal o goberno provincial destinoulle 1.883.863,81 euros, un 79,05% máis que en 2017.

O PP do Porriño denuncia a "aposta pola privatización nas rozas" do Goberno

O grupo municipal do Partido Popular do Porriño lamenta que a coalición PSOE-UDDL "continúe facendo políticas en contra dos intereses dos cidadáns para favorecer a empresas privadas", nunha política que, segundo afirman os populares porriñeses, "incrementa inxustificablemente o cargo ao Concello que adebeda xa millóns de euros a provedores".

Suscribirse a este canal RSS