Redondela

Redondela homenaxea a Rosalía de Castro

Como cada ano, e cumplindo co acordo plenario segundo o cal Redondela celebra o aniversario do nacemento da poetisa Rosalía de Castro, o Concello programa para o día 23 de febreiro ás 12 horas unha homenanaxe, que terá lugar na Alameda que leva o seu nome, situada no centro de Chapela.

Digna Rivas: “O Goberno de Javier Bas non cre nos proxectos das asociacións”

A candidata socialista á alcaldía de Redondela, Digna Rivas, asegurou hoxe que o “Goberno de Redondela, non cre no proxecto que levan a cabo as asociacións do municipio”. Rivas fixo estas declaracións logo de que o Pleno aprobase co apoio do Grupo Socialista, as propostas do Grupo de Goberno dos novos convenios coas entidades sociais, deportiva e culturais de Redondela.

Digna Rivas prosegue coas reunións con colectivos das parroquias de Redondela

Coñecer de primeira man as necesidades das parroquias de Redondela é o obxectivo das visitas que vén realizando nas últimas semanas a candidata socialista á alcaldía de Redondela, Digna Rivas. Trátase, sinalou Rivas, “de comprobar sobre o terreo as necesidades que teñen as veciñas e veciños, de cara a poder establecer no seu momento, liñas de actuación reais que contribúan a mellorar a súa calidade de vida”.

Redondela premiará con 3.000 euros ao ganador do ‘II Certame Viadutos de Novela’

A Concellería de Xuventude de Redondela vén de presentar a segunda edición do ‘Certame Viadutos de Novela’, na que poden participar todas as persoas interesadas sempre que sexan maiores de 18 anos. Ademais, como requisito indispensable, as obras presentadas deben estar escritas en galego. As bases do certame, dispoñibles na web do Concello, sinalan como características principais a orixinalidade da obra que se presente, posto que non se aceptarán aquelas que xa tiveran sido publicadas ou premiadas.

Carlos López Font e Digna Rivas supervisan a reposición de Servizos na rúa Cubillón

O deputado provincial, Carlos López Font, e a deputada Digna Rivas visitaron esta mañá en Redondela as obras de reposición de servizos na contorna da Rúa Cubillón, en Chapela, actuacións que se executaron coas achegas do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra. Na visita participou tamén o alcalde de Redondela, Javier Bas, así como varias concelleiras e concelleiros municipais.

Alumnado do obradoiro 'Redondela Vila Bela II' recupera a Praza da Alfóndiga

Cinco alumnas e cinco alumnos do Obradoiro de Emprego 'Redondela Vila Bela II', con idades comprendidas entre os 25 e os 59 anos, comezaron a arranxar nesta semana o enlousado da Praza da Alfóndiga, na zona vella de Redondela e Camiño de Santiago Portugués, deteriorado polo paso do tempo e, sobre todo, pola raíces dunhas acacias que se atopaban en cada esquina da praza e que foron taladas previamente.

Suscribirse a este canal RSS