EU Ponteareas insta ao Goberno local a avanzar na amortización das prazas de taxi

EU de Ponteareas, logo de ter apoiado no pasado Pleno as modificacións orzamentarias propostas polo Goberno local, entre elas a creación dunha partida para a amortización de prazas de taxi no Concello, lembra ao Goberno local que eses 50.000 euros aprobados para ese fin, "serán totalmente inútiles se non se avanza no xeito de empregalos". Ponteareas ten, nestes momentos, 13 prazas de máis, feito que produce que o colectivo de taxistas do municipio teña uns baixos ingresos polo seu traballo.

Preto de 400.000 euros da Xunta a Ponteareas para a formación de persoas desempregadas

A Xunta, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, vén de conceder ao Concello de Ponteareas unha achega de 398.371 euros dentro da súa programación de accións formativas dirixidas, prioritariamente, ás persoas traballadoras desempregadas, correspondente aos exercicios 2017 e 2018. Deste xeito, 125.691 euros corresponden á anualidade de 2017 e 272.680 euros a 2018.

O incremento de natalidade en Salvaterra obriga a unha ampliación da escola infantil

O incremento da natalidade en Salvaterra de Miño –257 nenos e nenas nos últimos 3 anos– fai necesaria, segundo o Goberno local, "unha ampliación dá Gardería Infantil pertencente á Galiña Azul" que conta na actualidade con 63 prazas. Así llo transmitiu a tenente de alcalde, Marta Valcárcel, ao xerente do Consorcio de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, na última visita que este realizou á Escola Infantil do municipio.

Tres ouros, unha prata e dous bronces para o CB As Neves

Esta fin de semana o Complexo Deportivo 'Álvaro Pino' de Ponteareas acollía a disputa do Campionato Galego sub11 e Senior de Bádminton. O C.B. As Neves acudía con 9 sub11 (3 nenas e 6 nenos) dos que seis pasarían as rondas finais e tres acabarían obtendo medalla.

Obradoiro sobre o Plan de Mobilidade Sustentable do Río Miño Transfronteirizo nas Neves

A Casa da Xuventude das Neves acollerá, este xoves 21 de febreiro ás 19:30 horas, un obradoiro de participación sobre o Plan de Mobilidade Sustentable do río Miño Transfronteirizo (PMST), de cara a que entidades, colectivos e persoas interesadas poidan realizar as súas propostas e achegas. O PMST é unha das principais accións do proxecto de cooperación transfronteriza Smart Minho, que busca planificar un modelo de mobilidade e accesibilidade, entre as eurocidades do Minho, orientado á mellora da calidade de vida das persoas, a seguridade vial e respecto ao medio ambiente.

Suscribirse a este canal RSS