Victoria Alonso presenta o seu proxecto para rematar co "clientelismo do PP en Mos"

O multiusos de Pozas encheuse onte domingo para a presentación oficial da candidatura de Victoria Alonso para converterse "na alcaldesa que Mos se merece", contribuíndo así á vitoria socialista no partido xudicial de Vigo e na provincia de Pontevedra, tal e como asegurou o secretario xeral provincial, David Regades, un dos dirixentes do partido que arroupou á candidata na súa presentación.

O PP de Salceda converterá O Borralliño "nun gran complexo lúdico-deportivo"

O portavoz do PP en Salceda de Caselas, Santiago Rodríguez Davila, deu a coñecer hoxe a intención de converter O Borralliño, nun "gran complexo lúdico deportivo" de cara a atender a demanda que, segundo concelleiro popular, ten Salceda en materia de instalacións deportivas. Rodríguez Davila comprometeuse cos veciños e veciñas a dotar de céspede artificial de última xeración o antedito campo da parroquia de Soutelo.

Igualdade do Porriño organiza as xornadas 'Desenvolvemento, superación e crecemento persoal'

O Concello do Porriño, a través da súa Concellería de Igualdade, que dirixe Soledad Girón, vén a colaborar no desenvolvemento dunhas xornadas sobre crecemento persoal, que se celebrarán o vindeiro día 29 no Centro Cultural municipal ,ás 17 horas e que abordarán unha temática actual e importante como é o coidado do benestar individual, coñecer as ferramentas necesarias para facer unha boa xestión das súas emocións e sintomatoloxía.

Salceda 'ficha' a Laura Seara para elaborar o seu II Plan de Igualdade

O Concello de Salceda de Caselas ven de iniciar a elaboración do 'II Plan Municipal para a Igualdade Efectiva de Mulleres e Homes 2018-2021' cuxa redacción correrá a cargo de Laura Seara, quen foi directora do Instituto da Muller e Secretaria de Estado de Igualdade, ademáis de deputada do Parlamento Galego durante os anos de 2001 a 2009, polo que se parte con un amplo coñecemento sobre a materia que sen dúbida é garante dos mellores resultados.

O persoal sanitario do Porriño transmite ao BNG a "precariedade" na que traballa

O pasado 29 de novembro, membros do BNG reuníronse cunha representación dos traballadores do PAC do Porriño. No encontro o persoal sanitario transmitiulle aos nacionalistas a "grave situación" que atravesa o Centro de Saúde con importantes carencias "tanto de efectivos humanos como técnicos e materiais", unhas deficiencias, sinala o BNG porriñés, que afectan negativamente á asistencia médica, nunha zona cunha poboación crecente.

Suscribirse a este canal RSS