A Mesa do Camiño aproba o seu regulamento

A Mesa do Camiño da provincia de Pontevedra, integrada por Deputación, Xunta de Galicia e concellos polos que discorren as rutas xacobeas, aprobou hoxe o novo regulamento e avanza no seu obxectivo de ser o órgano operativo de coordinación e colaboración dos axentes institucionais e sociais con competencias e accións nos Camiños a Compostela.

Co novo regulamento, ademáis do Camiño Portugués e a Vía da Prata, incorpóranse o Camiño Portugués pola Costa e o Camiño do Inverno de xeito que na Mesa xa están integradas todas as rutas recoñecidas na Lei do Patrimonio Cultural de Galicia.

Na reunión da Mesa, que preside a presidenta da Deputación, Carmela Silva, e a que asistiron a presidenta de Turismo de Galicia, Nava Castro, así como os alcaldes e representantes municipais, se fixou o Ano Xacobeo 2021 como prazo límite para a mellora definitiva das rutas en materia de accesibilidade, seguridade e promoción. De feito a Directora Xeral de Turismo presentou o informe das medidas levadas a cabo nos diferentes Camiños que percorren a provincia. Tamén decidiuse que a Deputación de Pontevedra sexa a receptora das demandas dos concellos e interlocutora coa Xunta como administración competente.

A presidenta Carmela Silva expresou a súa satisfacción “polos pasos decisivos dados na reunión da Mesa” e presentou o informe provincial que reflexa que o pasado ano 2016 a Deputación de Pontevedra financiou accións de mellora nas rutas xacobeas por máis dun millón de euros. “Fixoo a través do Plan Concellos, das axudas do Ano do Patrimonio e das campañas de promoción”. Silva agradeceu expresamente aos concellos que solicitasen estes investimentos e recoñeceu a súa aposta por mellorar o entorno polo que pasa o Camiño así como os servizos necesarios para que os/as peregrinos/as teñan unha boa impresión das localidades e que as rutas sexan máis seguras e accesibles. Entre outras axudas en Mos investíuse (118.846,41 euros) na propia estrada pola que transcurre o Camiño Portugués coa construcción dun talud, en Meis habilitouse un local para albergue de Peregrinos ou en Lalín fixéronse investimentos para mellorar a atención e información aos turistas, visitantes e peregrinos.

Ao financiamento do Plan Concellos hai que sumar as subvencións concedidas ao abeiro do Ano do Patrimonio onde os concellos tiveron a posibilidade de mellorar o patrimonio material existente na traza do Camiño, como por exemplo Caldas de Reis, onde se rehabilitou a emblemática Fonte da Burga na que miles de peregrinos/as fan cumplen co ritual de degustar as augas mineromedicinais, tamén o cruceiro policromado de Os Cabaleiros en Mos ou o palco da música e o cruceiro de San Bartolomé en Tui.

En materia de promoción Silva lembrou que precisamente os Camiños a Santiago son un dos eixos máis importantes na extratexia de Turismo Rías Baixas neste ano 2017, a campaña 'Cruzando Camiños', que xa foi presentada en Vigo, Pontevedra e Madrid e que se presentará en Portugal, Lisboa e Porto, ademáis de Andalucía e a través da colaboración coas Casas de Galicia no exterior. A presidenta provincial tamén destacou o apoio á promoción das rutas xacobeas coa colaboración da Deputación co sector audiovisual como foi o patrocinio da serie televisiva 'O Final do Camiño' ou do documental 'Camiño de Irmandade'.

Finalmente, Carmela Silva puxeo en valor accións como a segunda edición do programa “Degusta Europa que nesta edición 2017 se celebra nas plazas de Abastos de localidades polas que pasa o Camiño, contribuíndo a dinamización destes concellos

Ademais da campaña de promoción, desde o servizo do Turismo tamén estase a traballar na mellora da calidade dos profesionais e establecementos que prestan servizos no Camiño e no seu entorno inmediato mediante a formación para a obtención do distintivo SICTED. Comentar ao respecto que obtiveron este distintivo 167 establecementos comerciais e hostaleiros situados nos concellos polos que pasa o Camiño.