O Plan Concellos destina máis de catrocentos mil euros a cinco concellos da provincia

A Guarda e Tui serán dous dos concellos da provincia –xunto con Cambados, Moaña e Lalín– que recibirán novas achegas da Liña 1 do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra que, para os cinco municipios, supoñen un total de 415.257,57 euros.

Para A Guarda, o Goberno provincial deulle o visto bo a unha partida de 82.781,33 € para financiar a urbanización da baixada a San Caetano entre o nº 12 e o nº 36. A través do Plan Concellos, A Guarda ten este ano a súa disposición 808.965,46 euros, un 2,94% máis que o no exercicio anterior.

No que respecta a Tui, a Deputación de Pontevedra deulle o visto bo a unha partida económica de 74.972,40 euros destinados ao convenio de colaboración entre a institución provincial e o concello de Tui para a execución do proxecto de mellora da seguridade viaria no núcleo Torre-Paramos, actuación que tamén está financiada co plan DepoRemse da Deputación. Este ano, a través do Plan Provincial, o goberno de Carmela Silva destina a Tui 1.063.437,44 euros, un 3,25% máis que no exercicio do ano pasado.

 No caso de Cambados, o goberno de Carmela Silva vén de aprobar unha achega de 74.433,85 euros para financiar a pavimentación de beirarrúas e zonas de estacionamento na rúa Sevilla. Este ano, a través do Plan Concellos, Cambados ten a súa disposición 978.374,84 euros, un 2,84% máis que o ano pasado.

Para Moaña, o Goberno provincial autorizou un investimento de 89.899,99 euros para financiar o plan de asfaltados municipais do 2019. En total, a través do Plan Concellos, a institución provincial pon a disposición de Moaña este ano un total de 1.019.967,75 euros, un 2,9% máis que no exercicio anterior.

Finalmente para Lalín, a institución provincial tamén lle deu o visto bo a unha partida económica de 93.170 euros adquirir o equipamento necesario para a exposición permanente do Museo Galego das Marionetas. Este ano, a través do Plan Provincial, a Deputación de Pontevedra destina a Lalín 1.602.560,57 euros, un 4,36% máis que no exercicio anterior.