Ponteareas e O Porriño acollen, neste xaneiro, novas accións do programa «SmartPeme»

Centro de Desenvolvemento Local de Ponteareas Centro de Desenvolvemento Local de Ponteareas

As oficinas do programa “SmartPeme” da Deputación de Pontevedra en Ponteareas e O Porriño acollerán durante este mes de xaneiro novas accións formativas —7 en cada unha delas— para a adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia de Pontevedra ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades e aproveitar as ferramentas existentes co obxectivo de aumentar a súa competitividade.

Deste xeito, “SmartPeme” oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de empresarios e empresarias e de mozos e mozas autónomas.

A oficina de Ponteareas acollerá os seguintes obradoiros: Marketing de contidos: Como xerar unha estratexia efectiva, o martes 8 de xaneiro. O xoves 10 terá lugar Pasarelas de pago para o comercio electrónico. O martes da seguinte semana impartirase Woocommerce: A solución que buscabas para vender por Internet. A seguinte será Social Media Listening: O que se din do teu negocio en Internet, o martes 22. A quenda de Empresas turísticas nas AAPP. Trámites para mellorar a presenza en liña será o xoves 24 de xaneiro. Por outra banda, o martes 29 terá lugar o obradoiro Chatbots: A automatización da atención ao cliente”. E, xa por último, o xoves 31 Optimiza a visibilidade da túa web con Google Search Console será a acción que impartirá o persoal do programa. A oficina «SmartPeme» de Ponteareas, no Centro de Desenvolvemento Local, atópase en Lomba do Cruceiro, nº 5.

Pola súa banda, a oficina do Porriño acollerá os obradoiros inícianse o martes o día 8, co curso Mide os teus obxectivos en redes sociais: Análise de estatísticas. “Marketing de contidos: Como xerar unha estratexia efectiva” chegará o xoves 10. O martes 15, impartirase Crea unha páxina profesional con WordPress. A acción Plugins de WordPress para mellorar a túa web terá lugar o martes 22. O xoves 24 de xaneiro, O teu contido efémero: Stories en Facebook e Instagram. O martes 29 o curso Empresas turísticas nas AAPP. Trámites para mellorar a túa presenza en liña. E, por último, o xoves desa mesma semana terá lugar Google Calendar, moito máis que unha axenda. A oficina “SmartPeme” do Porriño, no Multicentro do concello, atópase na rúa Ribeira, s/n.