É noticia...

'Este Nadal merca no Val Miñor', campaña de dinamización comercial de Ovalmi

A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI), coa iniciativa 'Unidos pola Maxia' fixo que moitos negocios locais asociados adórnanse coa súa orixinal Árbore da Ilusión, que elaboraron e repartiron os mozos e mozas do Centro Juan María. 

Carmela Silva presenta o novo 'Info Rías Baixas' cunha imaxe homoxenea e moderna

A presidenta da Deputación de Pontevedra deu a coñecer os pasos que se están a dar para o impulso da rede de oficinas 'Info Rías Baixas' creada a través dunha ordenanza reguladora aprobada no pleno da corporación provincial de febreiro deste ano. Máis polo miúdo, neste intre xa son 20 as oficinas adheridas á rede e están en trámite de adhesión outras dúas que converterán este novo modelo de oficinas no alicerce básico para a prestación dun servizo de calidade e homoxéneo do destino.

David Regades: "O único culpable do problema dos PAC é Feijóo"

David Regades, secretario xeral provincial do PSdeG-PSOE, reuniuse este mércores con Elisa Ausin, Carlos Gabián e Pilar Rodríguez, representantes da plataforma «PACs en Pé de Guerra» da provincia. “O único culpable do problema dos PAC é Feijóo”, asegurou Regades na rolda de prensa posterior ao encontro. 

Máis de 1.600 persoas de 22 concellos participaron nas charlas «Tempo de Saúde»

O ciclo «Tempo de saúde», organizado pola Deputación de Pontevedra en colaboración co Colexio Oficial de Médicos e Médicas de Pontevedra, chegou a máis de 1.600 persoas nun total de 22 concellos da provincia. “Cifras que avalan o noso compromiso cos veciños e coas veciñas de Pontevedra e que ratifican que para este Goberno provincial o prioritario sempre son as persoas”, explicou a deputada provincial de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, que fixo hoxe balance desta iniciativa.

O PSdeG presentará nos concellos pontevedreses mocións reclamando o fin dos recortes sanitarios

A Comisión Executiva Provincial do PSdeG de Pontevedra presentou este mércores unha moción que insta ao Goberno de Feijóo a que remate cos recortes sanitarios na provincia de Pontevedra que están a provocar graves déficits nos servizos de atención primaria e hospitalaria na provincia. Esta moción, que xa foi presentada e aprobada no Pleno da Deputación, trasladarase agora aos Concellos da provincia para que se debata e aprobe.

Carmela Silva asina con dez novos Concellos convenios para executar proxectos DepoRemse

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asinou esta mañá, no Pazo Provincial, con dez alcaldesas e alcaldes da provincia os convenios de colaboración para a execución e financiación dos proxectos beneficiarios do Plan de Remodelación e Mellora da Seguridade dos Viarios Municipais (DepoRemse). Deste xeito, xunto aos convenios xa asinados con outros 21 municipios, son 31 os proxectos beneficiarios deste Plan, que conta cun investimento de 11 millóns de euros.

Suscribirse a este canal RSS