Memorias da Terra

A Misa dos Mouros no Castro de San Amaro (Lira, Salvaterra)

Incrible, fascinante e enigmático, así se pode describir este lugar pouco coñecido, o castro e capela de San Amaro, na parroquia de Lira, no concello de Salvaterra facendo linde co de Ponteareas. Para a maioría das persoas tratase dunha capela adicada a San Amaro nun pequeno monte, construída sobre un castro galaico onde abunda a cerámica como proba deste, nada novo, pero se nos imos o folclore popular oral e o investigamos máis a fondo, a cousa muda, e muito!

Camiñando pola terra: «Santuario e templo proto–histórico de Adai», Lugo

A cultura, din, non ten fronteiras ou cando menos non debería telas. Así que, facendo bo o dito, Jhonathan Zúñiga, lévanos ata as terras de Lugo para descubrirnos ao que cualifica de "descoñecido e enigmático santuario de Adai", cunhas orixes que se perden na noite dos tempos. Acheganos, neste capítulo, un incrible lugar onde os nosos ancestros galaicos deixaron a súa pegada.

Camiñando pola Terra: Subida ao Pico Salgueirón e Sendeiro Histórico de Mos

Nova aventura e reportaxe de «Camiñando pola Terra» de Jhonathan Zúñiga que, desta volta, se despraza ao concello de Mos, terras da Louriña, onde os seus invitados, Marcos Escudero, Jose Luís e Xelfo (que forman parte da organización da festa da prehistoria) nos amosaran e falaran do grande valor histórico e natural desta ruta. Por último, subirá ao Pico Salgueirón (633 m), o segundo máis alto dos concellos de Mos e Ponteareas e a propia Serra do Galleiro. Aquí comeza a aventura como se estiveses nela!

Castros que podemos visitar no sur da provincia para coñecer a cultura galaica

Comezar cunha pequena aclaración, tan simple como que os castros era unha forma de hábitat característico da idade do ferro, e foron construídos por grande parte da antiga Europa, sobre todo no espazo que ocupou a cultura celta. Polo tanto chamarlle os castros galegos coa definición “cultura castrexa”, e un grande erro, posto que nas nosas terras habitaba un pobo recoñecido os cales seu nome eran “os Galaicos”, os nosos ancestros, polo que tal vez a definición máis correcta. facéndolle honra a eles, sería “cultura dos castros galaicos”.

Suscribirse a este canal RSS