Tui

Tui conclúe a rehabilitación do Palco da Música do Paseo da Corredoira

Logo de tres meses de traballo, o Concello de Tui vén de dar por conclúidos os traballos de rehabilitación do Palco da Música que supuxeron unha actuación integral en todos os elementos, e que devolveu a este elemento patrimonial a súa cor branca orixinal do século XIX. Este domingo, 16 de decembro, coma inauguración haberá ás 19 h, un concerto a cargo do trompetista Manuel Madarnás acompañado por outros instrumentistas.

Pista de xeo ecolóxica, principal novidade do Nadal Solidario de Tui

Un treito do Paseo da Corredoira de Tui transformarase nun espazo de lecer para a familia que terá coma principal atractivo unha pista de xeo ecolóxico. Será unha das novidades do Nadal Solidario que esta mañá foi presentado na Casa do Concello tudense polo alcalde Carlos Vázquez Padín ao que acompañaba o concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría; a concelleira de Educación, Mila González; o presidente e directivo de ACITUI, Juan Carlos Blanco e Manuel Santos, e Pablo Domínguez da Asociación de Afectados de Paramos e Guillarei.

Unha trintena de persoas forman parte dos voluntariado de Protección Civil de Tui

Unha trintena de persoas constitúen a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil que o pasado sábado celebrou asemblea extraordinaria para a súa reactivación. Polo momento de forma provisional terán a súa sede na nave municipal en Guillarei, a expensas de que sexa habilitada unha zona específica, segundo informa o concelleiro de Seguridade Cidadá, Antonio Castro Negro.

Vázquez Padín pide "buscar puntos de encontro" para acometer o desentullo da Zona Cero

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, fixo un chamamento público a todas a todas as administracións "a ter unha xuntanza para poder buscar puntos de encontro" para acometer o desentullo da zona cero de Paramos. Indicaba que a actual situación a quen máis prexudica é aos propios veciños de Paramos e de Tui e insistía o rexedor local tudense en reivindicar "unha mínima lealdade entre institucións", sinalando que “farei pola miña parte un esforzo para tentar restablecer pontes de comunicación”.

Comeza a inspección da pirotecnia de Baldráns previa ao desaloxo do material

O Concello de Tui procedeu esta mañá á entrar nas instalacións da pirotecnia La Gallega en Baldráns, para permitir que os TEDAX e Intevención de Armas da Garda Civil procedesen a cumprir o mandato xudicial consistente no ao desaloxo do material pirotécnico e explosivo que se atopa no interior como paso previo á demolición das 25 casetas existentes. O xuíz daba dez días para o desaloxo do material explosivo, que expiran o día 30, e todo parece indicar que non se cumprirá este prazo por parte dos encargados do desaloxo.

Suscribirse a este canal RSS