Tomiño

A Xunta transfire ao Concello de Tomiño dúas parcelas en Goián

O Consello da Xunta autorizou onte o o cambio de titularidade de dúas parcelas lindeiras coa estrada PO-533 (Goián- Ponte Goián (fronteira de Portugal)) na parroquia de Goián, a prol do Concello de Tomiño. Ditas parcelas foran reclamadas polo Concello de cara a utilizalas como zonas de lecer.

O Concello adiantará 140.000 euros para Escola Infantil de Goián

O goberno municipal de Tomiño proporálle ao Pleno da Corporación, que se celebra hoxe xoves a partir das oito do serán, unha modificación de créditos para achegar máis de 140.000 euros ás obras da Escola Infantil de Goián que se constrúe na parcela da antiga Casa Médica, cedida polo Concello de Tomiño á Xunta de Galicia.

Tomiño homenaxea aos seus deportistas

O Concello de Tomiño rendeu unha máis que merecida homenaxe aos seus deportistas tanto polos méritos obtidos ao longo destes anos como polo esforzo constante que veñen realizando e aos clubs polo traballo que desenvolven a prol do deporte e de inculcar nos mozos e mozas hábitos saúdables.

Tomiño comeza a súa Semana Saudable

O Concello de Tomiño ven de conmemorar o Día da Saúde coa Semana Saudable. Charlas sobre alimentación saudable con desgustación incluida, mesa redonda sobre o cancro a cargo de persoal especializado e con experiencia no campo médico e de apoio psicolóxico, e obradoiros de intervencións asistidas con animais son algunha das actividades que se teñen desenvolvido estes días na Casa da Cultura. Hoxe tócalle o turno a materinidade con dous obradoiros a cargo da fisitiorapeuta Nuria Peláez e de membros da asociación O Parto é Noso Galicia.

Tomiño organizará unhas xornadas sobre o fracaso escolar

O goberno local tamén ofertou renovar as axudas para material escolar e actividades extraescolares gratuitas a todos os centros educativos do concello, nunha clara aposta pola educación que, segundo a alcaldesa Sandra González "non é outra cousa que apostar polo futuro".

Suscribirse a este canal RSS