Tomiño

'Mil grullas pola paz' de Hiroshima a Goián

Os alumnos e alumnas do CEIP Pintor Antonio Fernández de Goián conseguiron encartar un total de 1.000 grullas de papel co obxectivo de pedir a PAZ no mundo homenaxeando así neste día a Sadako Sasaki, a nena de Hiroshima que morreu en 1955 sen conseguir encartalas. Durante máis dun mes alumnos, profesores e familias pasaron moitas horas entre papeis de cores co fin de conseguir o obxectivo de encartar esas 1.000 grullas e pedir así o desexo de que se acaben os conflitos violentos no mundo para que os seres humanos podamos vivir en paz.

Platero e... Severino

Severino Oliveira González, goianés de 84 anos, decidiu que sería bo contar cunha mascota que lle fixera compaña, sacala a pasear e estar entretido. Podería ter elixido calquera entre as moitas mascotas que hai por estes mundos adiante –comúns ou menos comúns e as veces ben estrañas– pero Severino optou por mercar un burro doméstico e, como non podería ser doutro xeito, tal e como sinala a súa familia, púxolle de nome 'Platero'.

'Deporte para todas as persoas' retoma as súas actividades conxuntas en Tomiño e Cerveira

A Eurocidade Cerveira-Tomiño reinicia este mes de febreiro as actividades do seu programa ‘Deporte para todas as persoas’, un programa de actividades deportivas gratuítas que se levan a cabo en equipamentos dos dous concellos ata final de ano e que inclúe tres variedades de actividades: piscina en familia, actividades para maiores de 55 anos e a práctica de diversas modalidades deportivas en parroquias de Tomiño e IPSS de Cerveira.

A Eurocidade Cerveira-Tomiño amplía e mellora a xestión compartida de servizos en 2019

Dinámico e ambicioso, así se presenta o Plan de Actividades da Eurocidade Cerveira-Tomiño para 2019, aprobado polo Comité de Xestión Estratéxica. Alén de dar continuidade a algunhas accións-chave e consolidar eventos, os dous concellos veciños pretenden lanzar a Tarxeta Eurocidade, así como aplicar unha plataforma tecnolóxica para xestión de servizos públicos partillados. O obxectivo é axilizar rutinas diarias comúns ás dúas poboacións.

Tomiño ofrece un servizo de baleirado de fosas sépticas

O Concello de Tomiño, a través da Concellería de Medio Ambiente, ofrece á cidadanía o Servizo municipal de Baleirado de Fosas Sépticas, coa finalidade de facilitar o acceso á limpeza de pozos negros e fosas sépticas a todas as vivendas que, pola súa localización, non contan con saneamento. Para intentar axudar as 2.962 vivendas (o 44% dun total de 6.692) que aínda non teñen acceso á rede de saneamento, o devandito servizo comezou a funcionar en febreiro 2017.

Suscribirse a este canal RSS