Tomiño

Compostaxe para os máis pequenos nos CRA de Tomiño

Máis de 150 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e 5 anos, das 13 aulas do CRA (Colexio Rural Agrupado Mestre Manuel Garcés) de Tomiño, participan estas semanas nun proxecto de compostaxe organizado polo Concello co fin de que os máis pequenos se acheguen á compostaxe. A actividade inclúe uns obradoiros de compostaxe doméstica con fases teórico-prácticas, nas que os máis cativos/as van aprendendo, a través do xogo, contos e cancións, que é e como se leva a cabo o proceso.

Preocupación nos montes veciñais do sur de Pontevedra pola ampliación da demarcación do nematodo

A Asociación Forestal de Galicia mantivo un encontro en Tomiño coas comunidades de montes do Baixo Miño para informalas e asesoralas sobre o nematodo do piñeiro. Na reunión, á que asistiron medio cento de persoas, a maioría representantes de montes veciñais, constatouse a preocupación existente pola ampliación da zona demarcada do nematodo e pola recente suspensión no movemento de piñeiro a Portugal.

Tomiño inicia a Programación de Primavera con teatro, música, exposicións, cursos e obradoiros

Cun programa de actividades transversal e integrador, no que se lle dá cabida a todas as citas culturais, deportivas e de voluntariado, así como as dirixidas á mocidade, á infancia e ao público en xeral, chega a nova Axenda de Primavera 2019 do Concello de Tomiño. A programación aglutina todas as actividades organizadas no municipio para o vindeiro trimestre, coa fin de facilitar a difusión e traballar dun xeito planificado para conseguir que toda as actividades preparadas teñan a mellor aceptación posible.

Tomiño traballa nun plan de accesibilidade para persoas con autismo

O Concello de Tomiño traballa nun plan de accesibilidade para persoas con Trastornos do Espectro Autista (TEA). Trátase, concretamente, de confeccionar un plan de comunicación a través de pictogramas (debuxos sinxelos e esquemáticos descritivos da realidade) que se levará a cabo en todos os colexios de Educación Primaria e Infantil do municipio. No caso de Tomiño, as persoas afectadas  por este trastorno e diagnosticadas, ascenden a 13 pero calcúlase que hai bastantes máis sen diagnosticar.

Tomiño creará un espazo público na contorna da igrexa de Amorín

Seguindo na liña de recuperación de espazos públicos nos núcleos de poboación, para disfrute dos cidadáns, o Concello de Tomiño, emprenderá a remodelación da contorna da Igrexa parroquial de San Xoán de Amorín. Este espazo público anexo ao adro, alberga na actualidade un palco de música e un cruceiro, e atópase pavimentado con aglomerado asfáltico, usándose como aparcamento, sen ofrecer seguridade suficiente para a veciñanza.

Relevo na xefatura da Agrupación de Protección Civil de Tomiño

Iván Fernández toma o relevo a Francisco Bouzo na xefatura da Agrupación Protección Civil de Tomiño, un colectivo que no pasado ano 2018 realizou máis de 200 servizos entre operativos preventivos programados (en eventos deportivos, lúdicos, culturais) e intervencións directas (retirada de avespas, recollida de animais abandonados,  accidentes e incendios), sumando máis de 2.100 horas de voluntariado.

Suscribirse a este canal RSS