Oia

Aberta a inscrición para o trail 'II DesafíOia-Marqués de Vizhoja'

O Club Cornelios xa está a poñer a punto os carreiros dos montes de Oia para todos os corredores que acepten o desafío da tempada: o II DesafíoOia-Marqués de Vizhoja. O reto non é nada doado xa que consiste nun percorrido de 24 km e máis de 1.400 m de desnivel acumulado superando, nalgunhas zonas o 45% de desnivel. A dureza, non obstante, se verá recompensada grazas á beleza das paraxes polos que transcorrerá.

Suscribirse a este canal RSS