O PSOE de Oia alégrase da recuperación de parte da memoria histórica do municipio

Gerardo Rodríguez, portavoz do PSdeG-PSOE de Oia Gerardo Rodríguez, portavoz do PSdeG-PSOE de Oia

O PSdeG-PSOE de Oia, a través do seu portavoz Gerardo Rodríguez, amosou a súa ledicia logo de que a firma propietaria do Mosteiro de Oia, dese a coñecer que creará un museo no que poderán mirarse as pintadas realizadas polos presos confinados nese recinto durante a Guerra Civil.

Doutra banda, o POSE volve a insistir na sua postura de manter a aposta presentada pola empresa propietaria para a rehabilitación del Mosteiro e o seu aproveitamento como instalación hostaleira, con prazos consensuados entre a Administración e a empresa propietaria do inmoble. Só no caso de incumprimento das súas obrigas, sinala o PSOE de Oia, "estaríamos a favor da expropiación". Posicións distintas, rematan os socialistas, "non deixan de ser un brindis ao sol e un engano á veciñanza de Oia".