En Marea inicia accións para protexer o Camiño

En Marea iniciou hoxe as conversas coas mareas dos concellos por onde pasa o Camiño de Santiago, e que están a sufrir diversos problemas de insalubridade, desprotección, agresións e abandono do patrimonio e do ambiente. O obxectivo destes encontros é o de formular iniciativas e accións para poñer fin a unha problemática que está a ignorar o goberno de Núñez Feijóo.

En Marea subliña que o presidente do Goberno galego vendeu en FITUR o Camiño "como a panacea do turismo, obviando esta situación que ven acontecendo desde hai moitos anos en concellos de toda Galicia por onde transcurre o Camiño".

A esta primeira conversa, na que participaron os representantes das mareas de Oia, Touro e Mondoñedo coa vicevoceira e responsable de organización territorial e municipalismo de En Marea, Ana Seijas, seguirán engadíndose novas mareas que están a ver e a sufrir as mesmas problemáticas nos seus concellos.

A construcción dun parque eólico en Mondoñedo, o saneamento insalubre e a desprotección do Mosteiro de Oia (ben de interés cultural protexido) e a construcción da Mina en Touro (afectando tamén ao traxecto do Camiño), son algunhas das cuestións sobre as que falaron hoxe nesta primeira xuntanza.

As reunións permitirán "non só visibilizar todas estas problemáticas, senón tamén iniciar accións conxuntas para que de unha vez por todas déanse solucións reais a todos estes problemas esquecidos nun caixón polo goberno do PPdeG", sinalan dende En Marea.