O Rosal financiará a adquisición dun vehículo para recollida de lixo co Plan Concellos
O deputado de Cooperación, Carlos Font, informou da aprobación o próximo luns, pola Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, do primeiro investimento para O Rosal con cargo á Liña 1 do Plan Concellos 2019. En concreto, serán 142.000 euros para financiar a adquisición dun vehículo para a recollida de lixo. Neste ano 2019, ao abeiro do Plan Concellos, o Goberno provincial pon a disposición do Rosal un total de 583.312,29 euros, un 3,11% máis que no 2018.