a guarda 2019

A Guarda

A Guarda presente no XX Salón Internacional de Turismo Gastronómico en Ourense

O Concello da Guarda estivo representado, a pasada semana, na 20º edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico celebrado en Expourense, evento que contou coa participación de 283 expositores e a presenza de 12 países. Ao longo de 5 días esta feira recibiu máis de 24.000 visitas, contando con numerosos showcookings, demostración de produtos, conferencias, catas de viños e moitas actividades de promoción turística e gastronómica.

A Guarda publica as bases para o Desfile-Concurso de Comparsas do Entroido 2019

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura,  vén de facer públicas as bases que rexerán o Desfile-Concurso de Entroido 2019, unha iniciativa que busca manter viva a tradición local a través da participación de tódolos veciños e asociacións da localidade. As bases contemplan ata cinco categorías –Carrozas, Comparsas, Grupos, Individual-Parellas adulto e infantil)– na modalidade de concurso cunha ampla variedade de premios, e unha modalidade de axudas para as Carrozas e Comparsas.

O Camiño Portugués da Costa obxecto dunha 'FamTrip'

O pasado xoves día 7 de febreiro un grupo de representantes de axencias de viaxes, tour operadores e periodistas especializados nos Camiños de Santiago visitaron o Castro de Santa Trega na Guarda dentro dunha Famtrip enmarcada na celebración da terceira edición da Feira Fairway, que arranca xa este luns en Santiago de Compostela.

A Guarda elabora un amplo abano de actividades para o Día de Rosalía 2019

0 24 de febreiro de 1837 nacía Rosalía de Castro, a escritora máis representativa da literatura galega, e é por iso que o 24 de febreiro é o día escollido para rememorar a súa obra e figura en toda Galicia. Dende a Concellería de Cultura do Concello da Guarda, cada ano se preparan variadas actividades nas que se busca a implicación de diferentes colectivos, moi especialmente o alumnado dos diferentes centros. Para este ano 2019 buscase estender a participación ás asociacións, hostaleiros e público en xeral con diversas actividades.

A Guarda investirá preto de 50.000 euros na mellora na Praza de Abastos

O Concello da Guarda ven de adxudicar á empresa Denuevo Punto Creativo, S.L., o contrato para o proxecto de reforma da Praza de Abastos, cun investimento de 48,865,89€ IVE incluído, que se suma ás melloras xa realizadas nos pasados anos e que recolle traballos de eliminación de barreiras, mellora e conservación e equipamentos.

A Guarda reclama á Xunta melloras nos centros de Ensino do municipio

O Concello da Guarda a través da Concellería de Educación, reitera novamente a petición mellora das instalacións dos Centros de Ensino do municipio ante a falla de investimentos por parte da Xefatura Territorial de Educación en Pontevedra. O Concello guardés ven reclamando, con insistencia, melloras nos seus centros educativos que, asegura, son obxecto dun "trato desigual" con respecto aos outros centros de ensino do Baixo Miño.

Suscribirse a este canal RSS