A Guarda

A Guarda oferta no Nadal dúas obras de teatro e o espectáculo do 'Apalpador'

O Concello da Guarda ofertará dúas obras de teatro na Axenda de Nadal 2018/19 coas funcións do teatro para nenos «Tristán» o vindeiro xoves 27 de decembro ás 17:30h no Centro Cultural e do teatro-clown musical para adultos «Route 66» o venres 28 de decembro ás 21:00h no Centro Cultural da Guarda, e o sábado 29 co espectáculo do Apalpador, tamén no Centro Cultural.

A Guarda abre as portas da Pista de Xeo este martes

O Nadal chegou á Guarda e contará cunha programación de actividades extensa e variada na que destacan o teatro, a animación musical polas rúas, os concertos de panxoliñas, os obradoiros de decoración, as chocolatadas, a instalación, por primeira, vez na vila dunha pista de xeo, ou a Cabalgata de Reis. A programación esténdese ata o 6 de xaneiro, un mes no que A Guarda vivirá na maxia do Nadal no máis amplo sentido da expresión.

Exitosa presentación do Coro do Conservatorio da Guarda

O pasado xoves día 13 de decembro a Casa dos Alonsos da Guarda acollía, dentro da Programación de Nadal 2018/19, o Concerto de Nadal do Conservatorio de Música Elemental da Guarda. Máis de 200 persoas dábanse cita nos baixos do novo Concello para escoitar aos diferentes grupos do Conservatorio, participando os grupos de vento-metal, percusión, clarinetes, gaitas, violíns, e guitarrra acústica, interpretando pezas como Xogo de Tronos, Muiñeira do Chao ou A Million Dreams.

A auga, protagonista dunha exposición fotográfica na Guarda

O martes día 11 de decembro a Sala de Exposicións do Centro Cultural da Guarda acolleu a inauguración da exposición «Auga, o sangue da terra», un proxecto de Manuel Valcárcel. O acto de inauguración contou coa presenza do alcalde da Guarda, Antonio Lomba; as concelleiras de Turismo e Cultura, Montserrat Magallanes e Elena Baz, respectivamente, así coma unha representación de Afundación e de Abanca, coorganizadores desta exposición e público asistente.

Inscricións para os Paxes da Cabalgata de Reis este sábado na Guarda

O Concello da Guarda pon en coñecemento de todos os interesados e interesadas que este sábado, día 15 de decembro, terá lugar a inscrición dos nenos e nenas que desexen participar na Cabalgata de Reis 2019 na Guarda. Para formalizar a inscrición terán que acudir ao Centro Cultural a partires das 10 horas. As nenas e nenos que non acudan acompañadas dos seus proxenitores, deberán enviar a outra persoa coa autorización debidamente asinada, que se pode descargar nesta ligazón, autorizando á persoa que os acompañe.

A Guarda mellora a sinalización turística

O Concello da Guarda ven de mellorar a sinalización turística grazas a unha subvención para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas de Turismo de Galicia presentada a comezos deste ano. A actuación realizada é a homoxeneización e mellora da sinalización turística na Guarda na que se procedeu á retirada das actuais sinais turísticas que se atopaban obsoletas na súa imaxe e nos seus formatos e a instalación das sinais direccionais urbanas para que os visitantes perciban unha atención de calidade no seu desprazamento pola vila.

Suscribirse a este canal RSS