Compostaxe para os máis pequenos nos CRA de Tomiño

Máis de 150 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e 5 anos, das 13 aulas do CRA (Colexio Rural Agrupado Mestre Manuel Garcés) de Tomiño, participan estas semanas nun proxecto de compostaxe organizado polo Concello co fin de que os máis pequenos se acheguen á compostaxe. A actividade inclúe uns obradoiros de compostaxe doméstica con fases teórico-prácticas, nas que os máis cativos/as van aprendendo, a través do xogo, contos e cancións, que é e como se leva a cabo o proceso.

Amplo programa de actividades na Guarda con motivo Día Internacional da Muller

A Guarda conmemora o Día Internacional da Muller 2019 con diversas actividades nas que se inclúen a Exposición «Rompe. Xoga en igualdade», a proxección dun documental sobre Fútbol Feminino e unha concentración reivindicativa. A programación de actividades arrancan xa o xoves día 7 de marzo ás 12:00 h na Casa dos Alonsos coa inauguración da Exposición «Rompe. Xoga en Igualdade», unha rompedora mostra da Deputación de Pontevedra coas «Barbies intervidas» coma protagonistas.

Máis de 350 judokas daranse cita en Tui na Fase Sur de Judo

O novo pavillón municipal de deportes de Tui acollerá este sábado a primeira xornada da «Fase Sur de Judo alevín e infantil» organizada pola Federación Galega de Judo, a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Tui. O campionato ten un obxectivo pedagóxico xa que pretende que os máis pequenos se inicien neste deporte a través dunha competición baseada na estimulación e esforzo, promovendo valores de respecto e garantindo a seguridade na práctica do judo. Pretenden tamén fomentar a participación de todos os judokas galegos destas idades que practiquen regularmente este deporte.

Preocupación nos montes veciñais do sur de Pontevedra pola ampliación da demarcación do nematodo

A Asociación Forestal de Galicia mantivo un encontro en Tomiño coas comunidades de montes do Baixo Miño para informalas e asesoralas sobre o nematodo do piñeiro. Na reunión, á que asistiron medio cento de persoas, a maioría representantes de montes veciñais, constatouse a preocupación existente pola ampliación da zona demarcada do nematodo e pola recente suspensión no movemento de piñeiro a Portugal.

Tomiño inicia a Programación de Primavera con teatro, música, exposicións, cursos e obradoiros

Cun programa de actividades transversal e integrador, no que se lle dá cabida a todas as citas culturais, deportivas e de voluntariado, así como as dirixidas á mocidade, á infancia e ao público en xeral, chega a nova Axenda de Primavera 2019 do Concello de Tomiño. A programación aglutina todas as actividades organizadas no municipio para o vindeiro trimestre, coa fin de facilitar a difusión e traballar dun xeito planificado para conseguir que toda as actividades preparadas teñan a mellor aceptación posible.

Suscribirse a este canal RSS