Arbo

Marcha solidaria en Arbo a prol da saúde mental

O vindeiro domingo, 13 de xaneiro ás 10 da mañá, arrincará en Arbo unha marcha solidaria pola saúde mental organizada polo Concello de Arbo en colaboración coa asociación Avelaíña. Trátase dunha actividade aprazada o pasado mes de decembro por causa das adversas condicións meteorolóxicas daqueles días.

Arbo remata obras en Doños, Ladeira, O Couto e Almuíña

O Concello de Arbo vén de dar por rematadas as obras de mellora e ampliación do acceso aos Doños e a Ladeira, na parroquia de Mourentán, obras que forman parte do programa de mellora da rede municipal de estradas e que teñen, como prioridade, a mellora da seguridade viaria. Para tal fin, executáronse traballos de ancheado e mellora nos lugares considerados como perigosos, mellorando o acceso a Ladeira-Mourentán.

Concello de Arbo e Avelaiña organizan unha andaina «Pola Saúde Mental»

O próximo día 16 de decembro ás 10 da mañá arrincará en Arbo unha marcha solidaria pola saúde mental organizada polo Concello en colaboración coa asociación Avelaiña. A xornada empezará cunha camiñada de dificultade media que partirá desde a Praza do Concello e que terá unha lonxitude aproximada de 5 quilómetros. Unha vez rematada a andaina organizaránse numerosas actividades, haberá agasallos e sorteos entre os e as participantes.

Arbo finaliza as obras de acondicionamento das súas piscinas municipais

O Concello de Arbo deu por rematadas as obras de melloras e adecuación das piscinas municipais e o seu recinto. Unhas actuacións adxudicadas por 79.482 euros e que incluen unha pequena praza con pavimento de formigón e zona axardinada. Esta executouse cunha pendente mínima cara ao viario e está delimitada con bolardos para evitar que sexa invadida polos automóbiles.

Adegas Marqués de Vizhoja, Premios de Enoturismo “Rutas do Viño de España 2018”

Adegas Marqués de Vizhoja recibiu o «Premio ao Compromiso coa Sociedade e o Medio Ambiente» nos Premios Enoturismo Rutas do Viño de España 2018. Entre os motivos atópase “a iniciativa de desenvolver xornadas de sensibilización para reflexionar e buscar sinerxias entre os profesionais agrícolas e forestais para a prevención dos incendios”, especialmente nunha subzona como a de Condado do Tea que foi “a máis afectada polos incendios forestais que arrasaron Galicia o ano pasado”.

Arbo inicia as obras de mellora no polígono industrial

O Concello de Arbo iniciará obras no seu polígono industrial, situado na parroquia de Barcela, de cara a dotalo de máis seguridade de cara a acadar a unha maior dinamización e o asentamento de empresas, obxectivo para o que precisabase unha remodelación deste espazo público. Para as obras, o concello conta cunha subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria de 30.695.82 €.

Suscribirse a este canal RSS