Marqués de Vizhoja-Cornelios, campións galegos de Raid de Aventura en todas as categorías

Gran fin de semana para o Club Marqués de Vizhoja–Cornelios no «I Raid Fluvial Lugo» celebrado no Concello de Fonsagrada, onde o club estaba representado por 6 equipos nas categorías Elite, Aventura Masculino e Aventura Mixto.

O Raid, que ademais de proba puntuable para a liga Galega, supoñía o Campionato Galego de Raids de Aventura, estivo composto por 75 quilómetros e 1.950 metros de desnivel, divididos en 5 sectores de orientación (dous de bicicleta de montaña, dous de carreira por montaña, e unha de kaiak) onde o club foi capaz de lograr as vitorias na categoría Elite polo equipo Marqués de Vizhoja–Cornelios Brigantia e en Aventura Mixto polo equipo R. Porto Guardés Vizhoja–Cornelios, sumando ademais o terceiro posto polo equipo Tecfilter Vizhoja–Cornelios, tamén en categoría Aventura Mixto.