Arbo remata a ampliación dun vial en Eidos de Arriba, Sela

O Concello de Arbo vén de dar por rematadas as obras de ampliación e acondicionamento de vial en Eidos de Arriba, na parroquia de Sela, unha obra para a que, en setembro do pasado ano, o alcalde de Arbo, Horacio Gil e o director xeral de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia, Miguel Ángel Pérez Dubois, asinaban un convenio de colaboración. As obras estaban enmarcadas no Plan de Infraestruturas Rurais 2018

Os traballos consistiron no rozado, retira de terra vexetal, desmonte e terraplenado cun investimento de 48.399,02 €.  O alcalde de Arbo, Horacio Gil, sinalou que as obras "teñen que ver coa dinamización da base produtiva do medio rural, co obxectivo de dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación que reside nas zonas rurais".

eidos de arriba arbo 02

 

As obras realizadas dentro deste plan nos últimos anos foron a mellora de acceso nos Eidos de Arriba en Sela, As Searas en Arbo, Espedregada e Fontan en Cabeiras entre outras. Do mesmo xeito o rexedor local deu conta que, en breve, comezarán as obras de de mellora de Saneamento en Urzal-Cividade na parroquia de Barcela e mellora de Aceso en Paravedra en Mourentan entre outras.