Accidente mortal en Arbo ao caer un coche á vía do tren

Fotos cedidas Bombeiros de Ponteareas Fotos cedidas Bombeiros de Ponteareas

Un accidente acontecido ás 04:00 h de hoxe en Arbo, deixou o tráxico balance dunha persoa morta e outra ferida ao caer o coche no que viaxaban á vida do tren, nas inmediacións da ponte internacional que une Arbo co municipio portugués de Melgaçao.

accidente arbo audi r8 03

Unha chamada telefónica daba conta aos servizos de emerxencia do accidente sinalando que o vehículo, un Audi R8, circulaba pola ponte internacional cando, por causas que se desconocen, o condutor perdeu o control impactando contra un muro e caindo ás vías do tren dende unha altura de preto de 20 metros. A chamara realizada ao 112 Galicia daba conta tamén que os ocupantes poderían estar atrapados no interior do vehículo, dato que daquela no podían confirmar dada á distancia á que se atopaba o vehículo acciedentado e que tratábase dun lugar pouco iluminado.

accidente arbo audi r8 04

O 112 alertou tanto ao 061 Urxencias Sanitarias como aos Bombeiros de Ponteareas e a Garda Civil de Tráfico, dábase aviso tamén ao persoal de ADIF Emerxencias que procedían ao corte da catenaria para que os servizos de emerxencia puideran traballar con seguridade. Cortada a catenaria e revisada a liña de tensión da vía, foi precisa a intervención dos bombeiros de Ponteareas, que contan cunha unidade especializada en excarceración, para sacar ao falecido (o copiloto) do interior do vehículo.

O condutor do turismo, que se penda que puido ser quen realizou a chamada telefónica dando conta do sinistro, foi atendido de feridas leves ao saír despedido do vehículo a consecuencia do impacto.