Arbo mellorará a pavimentación do acceso a Paravedra, Mourentán

O Concello de Arbo, ten concedida unha subvención no Plan Concellos 2018-2019 da Deputación de Pontevedra –Liña Investimentos–, con destino ao financiamento do 100% do investimento para a obra 'Acceso a Paravedra', cun importe total de 70.545,21 €. A obra permitirá a ampliación do vial existente para facer posible o paso de vehículos polo mesmo. Os traballos realizanse por mor do mal estado do vial mencionado onde o firme atopase deteriorado e con fochancas en diversas zonas o que perigoso o paso de vehículos é peons.

paravedra obras arbo 01

O pavimento estará formado por formigón rachado . Baixo este pavimento se extenderá una capa de zahorra artificial Cómpre realizar cinco muros de contención de mampostería nas zonas indicadas nos planos.Se repondrá a rede de drenaxe de pluviales existente, así como una rede de rego. Será necesario o retranqueo, dacordo ao definido nos planos do proxecto. A lonxitud total do vial é de 220 m. Se modificará o rasante do mesmo puntualmente, para lograr sobreanchos nalgunhas zonas, mantendo os accesos ás fincas.

paravedra obras arbo 03

O alcalde de Arbo, Horacio Gil, sinalóu a necesidade de  "mellorar as infraestructuras de comunicación municipais que serven de acceso a distintas localidades do municipio, co obxetivo de favorecer as condicions de transito e seguridade viario". Con estas actuacións conséguese, sinalou o rexedor local, "proporcionar mellora calidade de vida aos habitantes, contribuir a despoboación e formentar a actividade económica, que o obxetivo do actual goberno".

Gin precisou que o vial conta, na actualidade, "cunha anchura insuficiente para o paso de vehículos medianos, con estreitamento de ata 2,06 m, o que fai imposible o acceso de vehículos de emerxencias tales como ambulancias ou bombeiros a una zona de núcleo rural".