Arbo

Arbo mellora dúas estradas ao abeiro do Plan de Infraestruturas Rurais 2018

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, acompañado polo alcalde de Arbo, Horacio Gil, comprobou esta mañá as obras executadas polo Concello a través do Plan Marco 2018 e do Plan de Infraestruturas Rurais 2018 en dous camiños da localidade. Cores Tourís destacou os 76.775 euros destinados para a ampliación do Rial do Pazo ás Laxas, a través do Plan Marco, así como a mellora do vial en Eidos de Arriba, na parroquia de Sela, que contou cunha axuda do Plan de Infraestruturas Rurais 2018.

Arbo xa ten cartel anunciador para a LIX Festa da Lamprea

Máis dunha vintena foron as propostas que, dende distintas zonas da xeografía española, chegaron ao Concello de Arbo para participar no concurso de carteis que cada ano escolle ao cartel anunciador da Festa da Lamprea, que este ano se celebrará os días 26, 27 e 28 de abril a súa quincuaxésimo novena edición.

Arbo mellorará a pavimentación do acceso a Paravedra, Mourentán

O Concello de Arbo, ten concedida unha subvención no Plan Concellos 2018-2019 da Deputación de Pontevedra –Liña Investimentos–, con destino ao financiamento do 100% do investimento para a obra 'Acceso a Paravedra', cun importe total de 70.545,21 €. A obra permitirá a ampliación do vial existente para facer posible o paso de vehículos polo mesmo. Os traballos realizanse por mor do mal estado do vial mencionado onde o firme atopase deteriorado e con fochancas en diversas zonas o que perigoso o paso de vehículos é peons.

Arbo convoca un concurso de carteis e de redacción sobre a Festa da Lamprea

O  Concello de Arbo convoca e abre o praza de inscrición dun concurso de carteis e redacción con motivo da celebración da LIX Festa dá Lamprea que terá lugar os días 26, 27 e 28 de abril de 2019. O certame do cartel está dirixido a todos os alumnos do CEIP Antonio Carpintero, mentres que o de redacción está só enfocado aos alumnos de 3º a 6º de Primaria. O cartel e a redacción terán como tema central: Arbo, a LIX  Festa dá Lamprea, gastronomía, paisaxe, patrimonio, o viño, a lamprea, os ríos Miño, Cea, Deva, etc.

Suscribirse a este canal RSS